Unha vantaxe das cidades costeiras é que cando chegan uns días de moita calor sempre temos cercado un aire acondicionado natural.
Este luns polo serán un gran banco de néboa penetrouse na Ría de Vigo. Xeralmente empeza desde o mar e avanza cara ó interior. Finalmente, unha vez ocupada a superficie sde auga da ría, a néboa empezou a subir cara á cidade, coma se fose un ser vivo que coñece ben o seu percorrido. O seguinte vídeo gravouse á noitiña no monte do Castro, no centro da cidade. Nalgúns momentos pódese escoitar o son dunha serea de néboa. Descoñezo onde está a que se escoita aquí porque en Vigo hai unha en Cabo Estai, nos arredores da cidade, pero esta soaba moi preto:
Podéis ver aquí una serie de fotos tomadas esta misma noche también en el monte del Castro, entre la niebla, que es, sin duda, uno de los fenómenos naturales ideales para hacer fotos. Las luces rojas que podéis ver en el vídeo y en la última de las fotos son de la antigua antena de la emisora La Voz de Vigo, propiedad de la Red de Emisoras del Movimiento. En 1981 la emisora pasó a denominarse Radiocadena Española Vigo y en 1989 se integró en Radio Nacional de España.
Podedes ver aquí unha serie de fotos tomadas esta mesma noite tamén no monte do Castro, entre a néboa, que é, sen dúbida, un dos fenómenos naturais ideais para facer fotos. As luces vermellas que podedes ver no vídeo e na última das fotos son da antiga antena da emisora La Voz de Vigo, propiedade da Red de Emisoras del Movimiento. En 1981 a emisora pasou a denominarse Radiocadena Española Vigo e en 1989 integrouse en Radio Nacional de España.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: