A serea de néboa (tamén chamada corno de bruma ou nautófono, aínda que eu sempre a chamei faro de néboa) de Cabo Estai, en Vigo (Galicia, España), soando o 29 de setembro de 2017. Este nautófono (é o aparello que se ve á esquerda) é o único da Ría de Vigo (que a min cónsteme), e é propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo. Está situado xunto ao faro de enfilación de Cabo Estay (vémolo no vídeo, á dereita). Os sinais acústicos da sirena de néboa serven para alertar aos barcos da presenza da costa nos días de néboa espesa.
Hai anos había outro nautófono no antigo faro de Cabo Silleiro, no extremo sur da Ría de Vigo. Instalouse no lugar que ocupaba antigamente a torre do faro.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: