As desgracias que a escritora galega plasmou neses célebres versos

Negra sombra: significado e versións do máis famoso poema de Rosalía de Castro

Fai 16 anos recollín aquí este belo poema da gran escritora galega Rosalía de Castro, e fai tempo que quería profundizar un pouco máis nel.

Loreena McKennitt, "Dante's prayer": unha belísima oración surxida dende un inferno
'Namárië': a máis espectacular versión da canción de despedida escrita por Tolkien

Un poema sen título aparecido en 'Follas novas' en 1880

Empecemos cun pouco de historia. "Negra sombra" é como se coñece popularmente a un poema sen título incluido por Rosalía no seu poemario "Follas novas", publicado en 1880. Trátase dunha obra intimista na que podemos coñecer á escritora na súa faceta máis melancólica. Esta é a versión orixinal tal como foi publicada no galego da época:

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ó pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.

Cando maxino qu'es ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.

Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o río
Y-ês a noite y ês a aurora.

En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.

¿Qué é esa «negra sombra» da que falaba Rosalía?

Hai dende fai anos un certo debate sobre o significado deste poema, algo normal tratándose dun texto lírico, moi intimista e cargado de simbolismo. ¿Qué é esa "negra sombra" da que fala Rosalía?

Para responder a esta pregunta non está de máis coñecer a vida da autora e as circunstancias nas que foi escrito o poema. Rosalía foi unha muller que gozou de mala saúde. De feito, faleceu dun cancro uterino ós 48 anos de idade, e chegou a dedicarlle un libro ó seu médico no que asinou como "a súa eterna enferma". A iso hai que engadir dous feitos tráxicos: a morte do seu fillo Adriano en 1876, antes de cumprir dous anos de idade debido a un accidente doméstico en Santiago, e o naceminto, morta, da súa filla Valentina en 1877, ambos feitos ocurridos uns anos antes da publicación de "Follas novas", libro escrito na súa maior parte, por certo, en Simancas (Valladolid), lonxe da súa tierra á que tanto añoraba.

Por iso, diversos autores coinciden en que esa "negra sombra" é unha evocación da dor, que non deixa de perseguir a Rosalía e que volve a reaparecer cando creía que se fora (o seu último embarazo trala morte do seu fillo, que tería sido un motivo de esperanza e alegría, tornouse en desgracia co nacemento da nena morta). De feito, non custa percibir nos seus versos certos signos de depresión, como o feito de ver a dolor por doquier, nunha estrela, no vento, nun río, na noite e na aurora, de xeito que a súa dor o amarga todo.

A versión musicada composta por Juan Montes Capón en 1892

O poema é triste e brillante, e contribuiu á súa popularidade a versión musicalizada, en forma de alalá, feita polo compositor galego Juan Montes Capón en 1892, sete anos despois da muerte de Rosalía. A pieza foi estreada ese mismo año na Habana, onde gañou a medalla de ouro do certame musical convocado pola sociedade galega Aires d'a Miña Terra, formando parte dunha composición titulada "Fantasía para gran orquesta". Podedes escoitar aquí unha interpretación do Orfeón Donostiarra e da Orquesta Sinfónica JMJ coa partitura de Montes, durante un concerto ofrecido no Kursaal de San Sebastián o 10 de xullo de 2016:

Persoalmente, das cancións baseadas na partitura de Montes, téñolle un especial cariño a esta versión do coro coruñés Cantigas da Terra, publicada no álbum "Canciones e bailes de Galicia" en 1987, porque é a que levo moitos anos escoitando na miña casa (non vos podedes imaxinar a cantidade de vídeos que tiven que buscar ata dar con esta grabación):

En 1985 o cantante ponferradino Amancio Prada lanzou esta versión de "Negra sombra" no seu ámbum "Dulce vino de olvido":

Fai 25 años dúas grandes figuras galegas da música, Luz Casal e Carlos Núñez, grabaron a súa propia versión de "Negra sombra". Núñez incluiuna no seu disco "A irmandade das estrlas" (1996) e Casal a puxo no seu disco "Sencilla alegría" (2004). Conseguiron que esta bela canción en galego fose novamente un éxito, incluso máis alá do Padornelo, axudando a popularizala entre os xóvenes, por iso é a versión que hoxe máis lembra moita xente:

E xa postos a incluir distintas grabacións deste tema, non podemos esquecer a versión metaleira lanzada por Astator no seu disco "O sentir dunha terra" (2000). Rosalía fliparía se a escoitase:

---

Foto: Elentir. Monumento á escritora romántica galega Rosalía de Castro, situado no Paseo da Ferradura, no Parque da Alameda de Santiago de Compostela. O monumento foi construido en 1917. A bela estatua de Rosalía está situada frente á Capela de Santa Susana.

Comentarios:

  1. Simon

    Se le encoge el alma a uno al escuchar la versión de Luz Casal. Me ha gustado mucho la de Amancio Prada, que no la conocía. Gracias por recordar este regalo de nuestra tierra.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.