'Magnum, P.I.' e o encanto das series de TV da década de 1980

EspEng 11·9·2026 · 23:16 0

Entre 1980 e 1988, a cadea estadounidense CBS emitiu unha serie de gran éxito titulada "Magnum, P.I." e protagonizada por Tom Selleck.

Cando o cine era unha forma de vivir Vigo

Aquela serie foi un dos produtos de éxito de Donald P. Bellisario. En España emitiuse inicialmente en canles rexionais. Eu a vi na Televisión de Galicia (TVG), cun moi boa dobraxe en galego. De feito, anos máis tarde emitiuse en español nunha canle nacional, Antena 3, e non puiden acostumarme xa que as voces non me resultaban familiares. A TVG volveu a emitir esta serie durante este verán, con episodios diarios en agosto que agora se limitan ás fins de semana.

A serie foi unha gran campaña de promoción para o Ferrari 308 GTB (o coche deportivo do misterioso Robin Masters conducido polo protagonista) e para os helicópteros Hughes Cayuse (o ano pasado dediqueille un artigo ós que apareceron nesta serie), unha magnífica aeronave da década de 1960 que aínda voa en moitos países.

"Magnum, P.I." foi unha das miñas series favoritas da década de 1980 e agora estou a desfrutar vendo os episodios outra vez en galego desde a primeira tempada. É como volver á infancia. A vantaxe de vela agora é que podo apreciar mellor o enxeño dos guións e das interpretacións, especialmente as de Tom Selleck, que nesta serie rompía a norma de nunca mirar á cámara: dedicaba habituais xestos ós espectadores, xeralmente ó cabo dos episodios, o cal era unha boa chiscadela á audiencia. Se tedes a oportunidade de vela de novo, recoméndovola.

Vento "Magnum, P.I." empeceime a acordar de moitas outras series de éxito que vía na década de 1980: "El Equipo A", "V", "MacGyver", "El coche fantástico", "Luz de Luna", "Aquellos maravillosos años", "Salvados por la campana", "Canción triste de Hill Street", "Alf", "Los problemas crecen", "Juzgado de guardia", "El gran héroe americano"... É unha pena que moitas destas series non se volvesen a emitir, pois estaban realmente ben. Se houbese unha canle que se dedicase a emitir este tipo de series (descoñezo se existe), apuntaríame sen dubidalo.

Sei que dalgunhas desas series fixéronse novas versións, por exemplo "Magnum, P.I." e "MacGyver". Para min isto é como fai unha nova versión das películas de Indiana Jones ou da triloxía orixinal de Star Wars sen os seus protagonistas de entón. Un absurdo. As series dos 80 tiñan un encanto e unha familiaridade que me custa atopar nas series actuais. Coas novas plataformas, sei que algunhas desas series están dispoñibles, pero hai algunhas moi difíciles de atopar. Oxalá algún día poida volver desfrutar delas. "Magnum, P.I." tenme agora tan enganchado como cando era un neno.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.