A democracia non pode permanecer indiferente nin pasiva ante as súas ameazas

A extrema esquerda e o fascismo: dúas caras do mesmo espello antidemocrático

EspEngPol 21·10·2026 · 6:51 0

Durante o século XX, Occidente foi azoutado por dúas pandemias antidemocráticas que provocaron millóns de mortos.

Xosé Manuel Beiras: o intento de beatificar a unha esquerda violenta e antidemocrática
O BNG, socio de Bildu e aliado de Sánchez, apoia o acoso duns matóns contra Vox

A primeira desas pandemias antidemocráticas foi o comunismo, que se fixo co poder en Rusia mediante un golpe de estado que destruíu a democracia recentemente nada nese país tras a caída do zarismo. Entre 1917 e 1924, a primeira ditadura comunista, encabezada por Lenin, asasinou a máis dun millón de persoas e cometeu unhas atrocidades tan bestiais que costa inaginar que houbese seres humanos capaces de semellantes actos de crueldade.

Durante o período de entreguerras, Europa contemplou o nacemento da segunda desas pandemias: o fascismo, cuxa variante nazi perpetrou un colosal xenocidio, co pobo xudeu como principal vítima, alén de sumir ó noso continente na peor guerra de toda a súa historia. Unha guerra iniciada, significativamente, por unha alianza entre a Alemaña nazi e a Rusia comunista, encabezada entón polo sucesor de Lenin, Stalin, un tirano genocida tan perverso e criminal como Adolf Hitler. O fascismo foi derrotado na Segunda Guerra Mundial (hoxe o que queda del, afortunadamente, son grupos marxinais), pero o comunismo sobreviviu: aínda hoxe a quinta parte da poboación humana vive sometida a ditaduras comunistas.

Tanto o comunismo como o fascismo son fillos do socialismo. Mussolini foi dirixente do Partido Socialista Italiano antes de fundar o fascismo en Italia, e Hitler denominó significativamente "nacional-socialismo" á súa odiosa ideoloxía, porque era unha forma de socialismo nacionalista. Aínda que os partidarios de ambas as ideoloxías estean moi postos a mal (como o están hoxe China e Vietnam, a pesar de ser dúas ditaduras comunistas), os dous movementos totalitarios teñen importanes denominadores comúns: o antiliberalismo (entendido como un afán de acabar coa democracia liberal e coas liberdades individuais), o afán por someter toda a sociedade ó control do Estado (controlado á súa vez por elites políticas abertamente criminais), a procura de chibas expiatorias (ós que culpar de todos os males para despois perseguilos e asasinalos) e o antisemitismo, un odio ós xudeus que Karl Marx deixou plasmado nun vomitivo panfleto de 1844.

Actualmente, o comunismo sobrevive en Occidente sostido por grupos de extrema esquerda que apoian abertamente a violencia, especialmente para atacar a todos os que non opinan como eles. Os exemplos son numerosos e só se salvan algúns países europeos, case todos antigas ditaduras comunistas nas que quedaron vacinados contra esa praga despois de sufrila durante case medio século. Noutros, a extrema esquerda converteuse nunha forma de matonismo político que se cree con dereito a impedir falar a todos aqueles que discrepan das súas ideas, unha intolerancia e unha adicción á violencia que sempre foi unha característica común de comunistas e fascistas.

Esa extrema esquerda converteuse nunha auténtica ameaza para a democracia, como quedou claro cos graves disturbios ocorridos en Francia e Italia a semana pasada, uns brotes de violencia extrema nos que se viu un fenómeno que non é novo: a alianza da ultraizquierda co islamismo, que é o outro gran movemento totalitario que está a ameazar ás sociedades democráticas. Ambos comparten o odio á democracia e a Occidente, a cristianofobia e o antisemitismo, e sobre todo o seu afán por sementar o caos e a violencia como método para impoñer as súas esixencias a toda a sociedade, pasando por encima das canles democráticas e da vontade dos cidadáns expresada nas urnas.

A democracia non pode permanecer indiferente nin pasiva ante esa ameaza: ten que defenderse, porque pola contra corre o risco de verse pisada polos totalitarios como xa ocorreu en Europa o século pasado. Para defenderse, todos os demócratas deben asumir que agredir a outros invocando o "antifascismo" como escusa te converte na mesma praga que o fascismo, pois a final de contas a extrema esquerda e o fascismo son dúas caras do mesmo espello antidemocrático. Os que pretenden utilizar á extrema esquerda para silenciar ós seus rivais non son demócratas: son a versión vermella do fascismo, uns extremistas que detestan a democracia e que pretenden someternos a unha ditadura na que todos esteamos obrigados a pensar como eles.

---

Imaxe: Grok.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.