Coa vista ó lonxe

Cando non había na Ría máis luces que as do fogo e o brilo das estrelas reflexado na auga, algúns dicían que as Illas Cíes albergaban a deuses míticos da civilización celta, e as atribuiron a eles durante séculos. Hoxe temos ben claro que nas Cíes non hai deuses pagáns, mais elas seguen a indicarnos, na distancia, a infinitude do océano, unha inmensidade azul na que se mergullan os nosos soños e nadan as nosas lembranzas.

Mirar cara á Ría e coma mirar por un deses telescopios de moedas que aínda se poden atopar en Samil ou no monte do Castro, polos que un intenta ver cousas ó lonxe, ás veces sen saber qué é o que está a percurar a nosa vista. Os nosos ollos escrutan as pequenas cousas que se debuxan na distancia, mentras o tempo pasa, ata que a moeda ou algunha distracción pechan a nosa vista ó que está máis alá. ¿Qué esconderá a Ría que esperta as nosas almas cun son inaudible e chama ós nosos ollos cun reclamo invisible?

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.