«Non temades, pois anúnciovos unha gran ledicia»

¡Bo Nadal! «Gloria a Deus nas alturas e na terra paz ós homes»

EspEngPol 24·12·2020 · 21:02 0

Saíu daquela un edicto do emperador Augusto ordenando que se empadroase todo o mundo.

Este primeiro empadroamento tivo lugar sendo gobernador de Siria Quirino.

Foron todos empadroarse, cada un á súa cidade.

Subiu tamén Xosé desde Galilea, da cidade de Nazaret, ata Xudea, á cidade de David que se chama Belén, por ser el da casa e familia de David, para empadroarse con María, a súa esposa, que estaba embarazada.

E resultou que, estando alí, cumplíronse os días do alumeamento, e deu á luz o seu fillo primoxénito, envolveuno nuns cueiros e deitouno nun pesebre, porque non tiñan sitio no aloxamento.

Había na mesma comarca uns pastores, que pasaban durmían ó raso e vixiaban por turno durante a noite o seu rebaño. Presentóuselles un Anxo do Señor, e a gloria do Señor envolveunos coa súa luz. Eles enchéronse de temor.

O anxo díxolles: "Non temades, pois anúnciovos unha gran ledicia, que o será para todo pobo: naceuvos hoxe, na cidade de David, un salvador, que é o Cristo Señor; e isto serviravos de sinal: atoparedes un neno envolto en cueiros e deitado nun pesebre."

Y de súpeto xuntouse co anxo unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus, dicindo: "Gloria a Deus nas alturas e na terra paz ós homes en quen él se comprace."

E sucedeu que cando os anxos, deixándolles, se foron ó ceo, os pastores dicíanse uns a outros: "Vaiamos, pois, ata Belén e vexamos o que sucedeu e o Señor nos manifestou."

E foron a toda presa, e atoparon a María e a Xosé, e ó neno deitado no pesebre. Ó velo, deron a coñecer o que lles dixeran sobre aquel meniño; e todos os que o oíran marabillábanse do que os pastores lles dicían.

María, pola su parte, guardaba todas estas cousas, e as meditaba no seu corazón.

Os pastores volveron, glorificando e louvando a Deus por todo o que viran e oíran, conforme ó que lles dixeron.

(Evanxeo de San Lucas 2, 1-20)

Amósovos aquí un villancico da miña terra natal, Galicia:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.