Galicia é España e aquí os turistas do resto de España son benvidos

As tres opcións dos fanáticos que non queren ver a madrileños na miña terra galega

EspEng 14·8·2024 · 18:41 0

Tódolos veráns, a esquierda saca a pasear a súa última estupidez, a turismofobia, porque sabenque genera noticias con facilidad en agosto.

¿Por qué la ultraizquierda rechaza el turismo legal y a la vez apoya la inmigración ilegal?

Nas rexións españolas onde padecemos a movementos separatistas, esa turismofobia diríxese contra os españois que veñen da Meseta e particularmente contra os madrileños. Por suposto, a turismofobia é tan asimétrica como a idea que teñen algúns de que sobra xente no planeta: os que sobran sempre son os demáis. Así, os separatistas poden ir de vacacións a onde queiran, pero os demáis non pueden facer iso porque molestan ós separatistas.

Eu son galego, fillo e neto de galegos, vivo en Galicia dende que nacín e ós separatistas lles dirixo unha mensaxe moi sinxela: se non queredes ver madrileños na miña terra galega tedes tres opcións: a primeira é mudaros a outro sitio. Persoalmente recoméndovos Corea do Norte. A min non me gusta (o seu réximen paréceme detestable), pero alí estaredes rodeados por fanáticos totalitarios coma vós. O problema é que alí tampouco admiten fácilmente ós forasteiros. A segunda opción é poñervos unha venda nos ollos, que vos impida ver no só ós turistas do resto de España, senon tamén a calquera outra persoa ou cosa que non sexa do voso agrado. Quédavos unha tercera opción, que é a miña favorita e é moito más sinxela: fastidiádevos.

Cando un español vai pasar as súas vacacións a unha parte de España, o que está a facer é exercer o dereito que lle recoñece o Artículo 19 da Constitución: "Os españois teñen dereito a elexir libremente a súa residencia e a circular polo territorio nacional". Así que se algún totalitario non quere ver españois nunha parte España, sempre pode irse a outra parte, taparse os ollos ou -mellor aínda- fastidiarse. A súa intolerancia non está por enriba dos dereitos dos demáis.

Por outra banda, non deixa de ser curioso ver que os esquerdistas que piden fronteiras abertas e que apoian a inmigración masiva e ilegal, ó mesmo tempo non soportan ver a turistas españois nunha parte de España (salvo que os turistas sexan eles, claro). Obvian sen máis tódolos problemas que xenera a inmigración masiva, pero despois non queren ver a madrileños en Galicia simplemente porque falan en español, un idioma que tamén é a lengua materna e de uso habitual de moitos gallegos (os que temos que soportar as tonterías deses fanáticos separatistas todo o ano).

No fondo, a eses fanáticos separatistas non lles gusta a Galicia real: odian o que sempre foi a súa propia terra, unha terra célebre pola súa hospitalidade e un famoso destino de peregrinación dende fai máis dun milenio. Basta con ver a estrela vermella nas bandeiras separatistas para comprender que queren convertir a Galicia nalgo parecido a Cuba, Venezuela ou Corea do Norte, unha dictadura de extrema esquerda dirixida por un puñado de fanáticos paranoicos coma eles.

Eu, como galego, agradezo que xente do resto de España veña á miña terra (e en particular a xente de Madrid, unha región na que sempre me trataron ben). Aquí os turistas do resto de España son sempre benvidos. De feito, ese turismo xenera traballo e riqueza en Galicia. Os que perxudican á miña tierra non son os turistas, senon os fanáticos que promoven a turismofobia.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.