Pailanadas.gz

Segundo as últimas estadísticas oficiais, Galicia ten 157.295 desempregados. Este verán arderon na nosa terra máis de 45.800 hectáreas de superficie forestal. Ós nosos mariñeiros cóstalles cada vez máis atopar caladeiros para poderen pescar, e a flota pesqueira descende progresivamente.

Galicia ten mil problemas reais, pero o novo goberno nacional-socialista de Touriño e Quintana semella ter cousas moito mellores e máis importantes ás que adicar a súa atención. Por exemplo, conseguir un dominio propio para Galicia en internet.

¿Estes cabaleiriños non teñen pailanadas mellores nas que pensar? ¿Pensan convertir Galicia na mesma xolda nacionalista que está a esgotar a paciencia dos cidadáns de Cataluña?

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.