Os ollos no ceo, o ceo nos ollos

22·5·2006 · 0:10 0

Isto non foi onte, trátase doutra foto da fermosísima posta de sol que tivemos en Vigo o pasado mércores. Encántanme as doces noites de verán, nas que a luz da nosa estrela pode chegar ata as once da noite (¿ou tal vez sería mellor dicir "as once da tarde"?), pero sobre todo as súas postas de sol. Podes te-los ollos fixados no ceo durante unha hora, case que sen darte conta. Ó mesmo tempo é coma se tiveras o ceo nos ollos, como se todo o que ves no horizonte fose parte de un.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.