Noite de frío

Veño de sacar esta foto no balcón hai uns minutos. O frío estase a botar por fin sobre a cidade, xa invernía. Aínda me lembro dos días de verán, cando non parabamos coa calor, semella algo imposible agora que teño que estar ainda na casa cunha chaqueta posta. En breve chegará o Nadal, e voltarán por acá as caras coñecidas outra vez. En fin, a miudo lémbrome dos días finais do outono como un tempo de tranquilidade (quén o diría coa que estamos a pasar), de voltar ás raíces, de lembrar e redondear os anos que pasan e pensar un pouco na vida. Logo chegará a voráxine das festas, das compras... a cidade vóltase tola. Que dure o outono, o meu outono. Que dure.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.