Fai uns días Feijóo criticou que o PSOE lle quitase unha rúa a Manuel Fraga

O PP retira o nome de 'Príncipe Felipe' a un colexio e dedícallelo a unha nacionalista

O vindeiro 12 de xullo teremos eleccións autonómicas en Galicia, e semella que o PP galego está decidido a abordalas facendo claros guiños ós separatistas.

Tras apoiar estas cousas da esquerda agora Feijóo apela ó medo dos votantes de Vox
Carta dun galego que votou ó PP, que foi enganado por Feijóo e que vai votar a Vox

Unha decisión anunciada onte polo Goberno de Feijóo no DOG

Este luns, o Diario Oficial de Galicia anunciou o cambio de nome do Colexio Príncipe Felipe de Pontevedra. A partir de agora, ese centro educativo pasará a chamarse CEIP Daría González García, o nome dunha concelleira nacionalista de Unidade Galega, unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

O colexio levaba o nome de Príncipe Felipe dende 1976

Como explica o propio centro educativo na súa web, o colexio levaba o nome do Príncipe Felipe dende a súa inauguración fai 44 anos, en referencia ó entón herdeiro ó trono de España e hoxe Rei Felipe VI. Os entón Reis de España, Xoan Carlos I e Sofía, inauguraron o centro o 26 de xullo de 1976, acompañados do presidente da Deputación de Pontevedra, José Luís Pelaez Casalderrey, e de numeroso público. Debido á amplitude das instalacións, o centro foi denominado Cidade Infantil Príncipe Felipe. Actualmente conta no seu seo con dous colexios, o Colexio de Infantil e Primaria Príncipe Felipe e o Colegio de Ensino Especial Príncipe Felipe, ademáis do Instituto de Secundaria Fogar Provincial e a Escola de Hostalería.

Vox acusa á Xunta de facerlle «un desplante» ó Rei

Onte, tras difundirse ese cambio de nome dende a conta da asociación Hablamos Español en Twitter, na red empezaron a circular críticas de internautas a esta decisión. Dende Vox Pontevedra sinalaron: "¿A qué se dedica a Xunta nestes momentos tan críticos social e económicamente? Pois a isto, pasarse o nomeamento do actual monarca e cederllo ó antoxo nacionalista". Vox denunciou que esta decisión supón "crear crispación e cambiar a historia da cidade e facerlle semellante desplante ó actual monarca", y lle dirixiu unha mensaxe a Feijóo a través desa red social: "non acaba vostede de atopar o seu sitio".

Fai só uns días Feijóo criticou que o PSOE lle quitase unha rúa a Manuel Fraga

Unha decisión como a anunciada onte é algo que cabería agardar dun goberno autonómico como o de Quim Torra, empeñado en borrar toda lembranza da monarquía española en Cataluña, pero non dun executivo formado por un partido, o PP, que se di constitucionalista. Dase a circunstancia de que fai só uns días, o 24 de maio, Feijóo calificou de "equivocación" e "desprecio" a retirada dunha rúa dedicada a Manuel Fraga en Cedeira (A Coruña), onde goberna o PSOE.

Feijóo calificou entón de "gravísimo error" ese cambio de nome e criticou "que un concello en Galicia, en plena pandemia sanitaria, teña como prioridade retirar una rúa" a Fraga. A ver cómo explica agora que en plena pandemia o seu Goberno retire o nombre de "Príncipe Felipe" a un colexio chamado así dende a súa inauguración fai 44 anos e se llo dedique, para colmo, a unha concelleira nacionalista. Dende logo, o do PP galego co nacionalismo é para se o faga mirar.

+ ACTUALIZADO 18:43h: Segundo informa Pontevedra Viva, a solicitude de cambio de nome do centro fíxose "dende o claustro de profesores e a dirección", enviando a proposta á Deputación de Pontevedra (en mans do PSOE), que aceptou. Sen embargo, a autorización definitiva firmouna o Goberno galego, como demostra o DOG de onte, que publica a orde asinada pola conselleira de Educación, Carmen Pomar Tojo. O propio DOG indica que neste caso aplícase o Artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996. No citado artigo indícase que a denominación específica a aproba a Consellería a proposta "do consello escolar do centro e con informe favorable do concello". A decisión última, así pois, é do Goberno galego, e o consello escolar limítase a propoñelo.

+ ACTUALIZADO 19:33h: O Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación acábase de poñer en contacto con Contando Estrelas para sinalar que o colexio en cuestión é "un centro cuxa titularidade corresponde á Deputación Provincial de Pontevedra", e así o fago constar. Pola miña parte reitero o que sinalo na actualización anterior: o cambio de nome o autorizou a Consellería de Educación (en mans o PP), e o Artículo 8 do Decreto 374/1996 deixa en mans do Goberno galego a decisión última no que respecta ós nomes dos centros, algo lóxico, pois así evítase, por exemplo, que un consello escolar lle poña "Che Guevara", "Lenin" ou calquera outro nome improcedente a un centro educativo público.

---

Foto: PP de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.