O PP de Galicia leva anos apoiando medidas ideolóxicas progres e nacionalistas

Tras apoiar estas cousas da esquerda agora Feijóo apela ó medo dos votantes de Vox

Esp 07·3·2020 · 21:18 0

As enquisas empezaron a torcérselle a Alberto Núñez Feijóo, e nótase en que pasau dunha actitude autosuficiente a apelar ós votantes de Vox co recurso máis patético: o meedo.

Se Feijóo non é nacionalista, ¿cómo explica tódalas cousas que aparecen neste vídeo?
O PP galego apoia á ultraesquerda para impoñer educación sexual dende os 3 anos

Un diario afín ó PP sinala que Feijóo necesitaría a Vox para gobernar en Galicia

Onte o diario La Razón, moi afín ó PP, publicaba unha enquisa de NC Report segundo a cal o PP estaría ó borde de perder a maioría absoluta en Galicia e tería que pactar con Vox para gobernar. Era un escenario previsible tras os resultados das eleccións xerais de novembro en Galicia, nas que Vox obtivo 114.834 votos en Galicia, o 7,8%, situándose como quinta forza. Cuns resultados como os do 10N, Vox obtería cinco deputados nunhas eleccións galegas. A cousa non será tan fácil o 5 de abril, porque ó PP tenlle saído ben apelar ó mal chamado "voto útil" ou, mellor dito, a un voto do miedo que consiste en poñer ós galegos nunha dicomotía: ou o PP ou a esquerda. Sen embargo, a experiencia doutras comunidades demostra que o PP acabou necesitando o apoio de Vox, pois este partido logra mobilizar a uns votantes que fai xa anos que é incapaz de mobilizar o PP. Pero Feijóo es incapaz de caer da burra.

Feijóo recorre ó voto do medo para atraer ós que votaron a Vox o 10N

Hoxe o diario El Mundo publica unha entrevista co presidente autonómico galego na que Feijóo minte, afirmando que "non hai un resquicio de que Vox teña un diputado en Galicia. Non o digo eu, o di a demoscopia". Isto, insisto, o di 24 horas despois de que un diario afín ó seu partido sinalara que Vox podería obter un escano. E a continuación, o presidente do PP galego engade o seguinte: "Pero Vox si pode evitar que o PP teña maioría absoluta. Se o 3% ou o 4% dos votos va a Vox, eles non van a obter escano, pero imposibilitarán que o PP de Galicia obteña ese 45% ou 46% necesario". No colmo da desvergoña, Feijóo di que o obxectivo de Vox é botarlle da Xunta e que niso "coincide cos obxectivos de Podemos, os independentistas, os nacionalistas e los socialistas". Fai falla ter cara.

As medidas progres e nacionalistas que ven apoiando o PP de Feijóo

Polo que semella, hai que recordar que o PP de Feijóo apoiou nos últimos anos as seguintes medidas propostas pola esquerda, a extrema esquierda e os separatistas:

Se Vox ten representación o PP terá que rectificar a súa deriva progre

Se o PP perde a maioría absoluta en Galicia é porque Feijóo se votou nos brazos da esquerda, e só el terá a culpa. O que é unha tomadura de pelo é que un partido se adique a pedir o apoio dos seus votantes para frear á esquerda, para despois apoiar á esquerda en cuestións como as que acabamos de ver. Pero o colmo da tomadura de pelo é que despois de todas esas alianzas do PP coa esquerda, agora Feijóo veña a acusar a Vox de coincidir "cos obxectivos de Podemos, os independentistas, os nacionalistas e os socialistas". O dito: fai falla ter cara, e hai que tela moi dura, para soltar esas cousas, como se os seus votantes non tivesen memoria. Persoalmente espero que o PP necesite a Vox para gobernar en Galicia e que ese pacto obrigue a Feijóo a rectificar a disparatada deriva progre e nacionalista que tomou dende fai años. Aínda que visto o visto, ideolóxicamente falando vexo máis probable que pida o apoio do PSOE para gobernar antes que amosar un pouco de sentidiño e pedírllelo a Vox.

---

Foto: PP de Galicia.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.