Volven a rirse dos seus votantes só dez días despois das eleccións

O PP galego apoia á ultraesquerda para impoñer educación sexual dende os 3 anos

Esp 20·11·2019 · 23:02 0

Tras pedir o voto do centro-dereita fronte á esquerda nas eleccións do 10 de novembro, o Partido Popular volveu a retratarse unha vez máis, nesta ocasión no Parlamento galego.

Aberrante resolución da UE para obrigar a Polonia a fomentar sexo e aborto entre nenos
Galicia: usan os exames da selectividade para atacar ós que discrepan da esquerda

Piden educación "afectivo-sexual" en "todos os niveis" do ensino

Segundo informa a web do Parlamento de Galicia, este mércores foi aprobada unha proposición non de lei del Grupo Común da Esquerda (que agrupa a varios partidos de extrema esquerda, entre eles Podemos e Esquerda Unida) que "insta á Xunta de Galicia a buscar a colaboración doutras institucións e entidades, nomeadamente das universidades galegas, para deseñar novas medidas orientadas a potenciar a educación emocional e afectivo-sexual en todos os niveis do ensino galego". Segundo El Correo Gallego, un medio afín ó PP, a proposta da ultraesquerda foi apoiada por tódolos grupos, incluido o PP, que ten maioría absoluta nesa cámara. Como xa sinalou onte Galicia Press, o que esta proposición implica é impoñer ós nenos dos centros educativos de Galicia a obriga de recibir educación "afectivo-sexual" dende os tres anos, unha idade na que os nenos aínda non saben escribir.

O PP segue a pisotear os dereitos constitucionais das familias

Esta posición do PP, pisoteando o dereito constitucional dos pais a elexir unha formación relixiosa e moral acorde coa súas conviccións, non é nada novo. Lembremos que co apoio do PP, en Galicia aprobouse unha Lei LGTB en 2014 que impón as teses da ideoloxía de xénero en tódolos centros educativos, tanto públicos como privados. O PP apoiou tamén leis similares noutras comunidades, obrigando así ós nenos a asumir os dictados ideolóxicos da esquerda, aínda que os seus pais non estén de acordo. No ámbito internacional, a semana pasada o PP tamén apoiou unha resolución para obrigar a Polonia a fomentar o sexo e o aborto entre nenos, unha resolución que non só vulnera os dereitos das familias deses pequenos, senon tamén a soberanía dese país eslavo. Despois de todo isto, a ver con qué cara ven o PP a pedir o voto de centro-dereita nas eleccións galegas de 2020.

---

Foto: Parlamento de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.