Onte escoitei na TVG unhas declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin do PP este mércores en Ferrol, falando da división de voto do centro-dereita.
En vista do que escoitei, decidín escribir esta carta dirixida ó presidente da Xunta. Quen quera pode ver o vídeo publicado polo Telexornal premendo aquí.
A traición á súa promesa de liberdade lingüística
Nese vídeo, vostede, señor Feijóo, fala do "voto do cambio" para referirse ó seu partido. Confeso que tiven que rirme ó escoitar esas declaracións. Fai dez anos, moitos galegos confiamos o noso apoio a Feijóo tras escoitar a súa promesa de liberdade lingüística, un compromiso que vostede tracionou. O que moitos galegos esperabamos é que o novo goberno implementase un sistema educativo no que os pais poidesen decidir o idioma de escolarización dos seus fillos, que é o que se fai en todos aqueles países de Europa con máis dunha lingua oficial, coa única excepción de España. Vostede preferiu ceder ás presións do nacionalismo e estableceu un modelo de "trilingüismo" (ou máis ben "timolingüismo") no que os políticos seguen a decidir polas familias. Iso non é o que vostede prometeu. Tanto os pais que prefiren unha educación en español como os que prefiren unha educación en galego víronse traicionados por un político que a pesar de ter unha maioría absoluta para cumprir o seu compromiso, non o levou a cabo.
O apoio do PP á exclusión ilegal do español no Concello de Ferrol
Por certo, na mesma cidade na que vostede pronunciou onte o seu discurso en español (polo que se ve no vídeo da TVG), o PP votou co PSOE e cos nacionalistas a favor dunha ordenanza lingüística que marxina ilegalmente a lingua común dos españois no Concello da cidade departamental, algo que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como o Tribunal Constitucional xa sinalaron como contrario a Dereito, posto que esa exclusión viola el Estatuto de Galicia e a Constitución. ¿Con qué cara veñen vostedes a presumir de "constitucionalistas" cando fan estas cousas en Galicia?
A traición do PP á súa promesa de "reforzar a protección do dereito á vida"
Aquelas non foron as últimas traicións do PP. En 2014 vostede foi un dos políticos do PP que presionaron para que non se cumprise a súa promesa electoral de "reforzar a protección do dereito á vida". En concreto, vostede foi moi crítico con un proxecto do entonces ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón para derogar o chamado aborto terapéutico, que sirve para eliminar ós nenos por nacer que padecen algunha discapacidad. Con esa posición a idea que vostede transmitiu é que hai seres humanos que son menos dignos de vivir, persoas como un tío meu que ten síndrome de Down, que é unha das causas máis habituais para xustificar eses abortos terapéuticos. Seguindo as súas recomendacións, o PP acabou aliñándose con aqueles que eran partidarios de deixar intacta a lei do aborto instaurada polo PSOE en 2010, a pesar de que contradice abertamente a xurisprudencia constitucional, que sinala que non se pode desprotexer a vida humana nos seus inicios (que é o que fai a actual regulación tratando o aborto como un "dereito").
A imposición polo PP da ideoloxía de xénero nas escolas de Galicia
Seguindo co seu apoio ó proxecto ideolóxico da esquerda, o PP galego apoiou en abril de 2014 unha lei LGTB que impón a ideoloxía de xénero nas escolas e nos medios de comunicación. En virtude desa normativa, vostede axudou a recortar todavía máis a liberdade educativa que quedara xa mermada pola súa decisión de non respetar a liberdade lingüística.
O apoio do PP a unha proposta dos separatistas a favor da lusofonía
Os disparates apoiados polo seu partido tocaron teito en outubro de 2018, cando o PP apoiou unha proposta dos separatistas do BNG para que Galicia se una á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), a pesar de que na nosa comunidade non se fala o portugués -nin sequera é lingua oficial-, senon o galego, que é unha lingua totalmente distinta a pesar de que unha e outra teñan raices comúns. O seu partido non tivo en conta, ademáis, que para que esa adhesión sexa aceptada, Galicia tería que independizarse de España e adoptar o portugués como lingua oficial. ¿Estes son os "cambios" para os que vostede reclama os votos dos galegos?
O sometemento do PP ós dogmas do feminismo de esquerdas
Por outra banda, ante as críticas de Vox ás políticas socialistas baseadas no feminismo de xénero, unhas políticas que criminalizan ós homes polo mero feito de selo, en xaneiro de 2019 vostede mostrouse contrario a derogar esas políticas promovidas polo PSOE e que están levando a moitos homes a ser víctimas de denuncias falsas en procesos de divorcio, xa que a lexislación socialista que o PP deixou intacta ofrece facilidades ás mulleres que poñen esas denuncias, deixando ós homes indefensos ante calquera desaprensiva e restando recursos ás mulleres que son víctimas de casos de maltrato reais, e tamén marxinando ós nenos e anciáns que son víctimas de violencia doméstica a mans de mulleres, como se fosen víctimas de segunda clase.
A petición do PP de condenar ós que discrepamos das teses da esquerda
Abundando na súa deriva progre, en setembro de 2019 o PP presentou unha proposta de resolución pedindo ó Parlamento galego condenar ós que discrepamos das teses ideolóxicas da esquerda, e adoptanto a termiloxía progre afirmando, por exemplo, "a existencia dun substrato machista na sociedad contra o que compre loitar mediante políticas públicas con perspectiva feminista", un texto calcado dos panfletos máis radicais do feminismo esquerdista. Despois de ler aquel panfleto, o que queda moi claro é que vostede e o seu partido xa non son unha alternativa á esquerda. O PP convertiuse nun simple recambio do PSOE: cada vez que goberna deixa intactas as leis ideolóxicas da esquerda e incluso as amplía.
Vox é o que o PP non quere ser: unha alternativa real e valente á esquerda
Tendo isto en conta, semella unha broma pesada que vostede veña a decir agora que votar a Vox es facilitar a victoria do PSOE. Ó contrario que o PP, Vox si que defende a liberdade lingüística que vostede traicionou, oponse con claridade ó nacionalismo o desafía sen complexos ós dogmas ideolóxicos da esquerda, de tal xeito que gracias a Vox moitos votantes podemos decir que recuperamos a nosa voz nas institucións, unha voz que perdemos coa traición do PP. Por iso este domingo vou votar a Vox, e porque ademáis con ese partido teño a seguridade de que o meu voto non servirá para apoiar a un goberno do PSOE nin para traicionar a España. Lembremos que en xuño o PP regalou dos alcaldías ós separatistas do BNG, sen que vostede, señor Feijóo, desautorizase esa operación. Lembremos tamén que vostede apoiou en setembro un pacto de goberno do PP co PSOE. Despois de todo o que acabo de sinalar, ¿con qué cara ven agora o seu partido a presentarse como unha alternativa ós socialistas e ó nacionalismo?
Opina sobre esta entrada: