Chaparrón en Samil

22·4·2006 · 5:54 0

Este venres ó anoitecer fun dar unha volta á praia de Samil. Foi curioso, porque na cidade non facía frío, pero cando cheguei á altura do "Adedi" (que é como se coñece popularmente ó colexio "Amor de Dios"), empezou a botarse un fresco nada primaveral. Xa en Samil, a choiva converteuse en chaparrón, e aprobeitando as luces da avenida, saquei algunhas fotos. Poño ésta no meu portafolio en deviantart.com por se alguén a quere ver en maior resolución.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.