Resistencias á vontade

01·5·2006 · 3:55 0


Sempre pensei que a vontade é a chave de moitas das cousas que facemos na vida. Á marxe de que fagámolas por motivos diversos -aprecio por un amigo, caridade, solidariedade, xustiza, egoísmo...-, ó fin e ó cabo, é a voluntade a que da o derradeiro paso de cara a facelas, é ela, polo noso impulso, a que convirte a nosa liberdade nun acto.

Nas tarefas máis maravillosas da vida, a vontade se determina coa facilidade dun neno que se bota polos tobogáns de auga que hai xunto ó areal da praia de Samil. No caso das cousas que se fan cun requisito claro de voluntariedade, ese 'tobogán' é un elemento imprescindible. Ben é certo que en tódalas cousas boas da vida sempre imos ter algún momento adverso, mais as cousas boas compensan as malas como para ter que andar a procura-las ventaxas.

O problema chega cando as cousas tornan e a costa abaixo comeza a facerse costa arriba. Hai camiños noutrora cheos de ledicias, de satisfaccións, de esperanzas e de ilusións que pola acción do tempo e -sobre todo- das persoas, acaban por rematar nunca pendente insoportable de tristuras, de desilusións, de desánimos e aínda de envexas, de mentiras, de inxustizas, de falsas acusacións, de ofensas e de incomprensións. Supoño que é lei de vida: cando un pon o seu corazón nunha cousa, de boa fe, está arriscándose a que veña unha persoa calqueira e llelo esgane.

Hai cousas boas que compensan, ás veces, ter que percorrer camiños pragados das nefastas trabas das que falei no párrafo anterior, quizáis coa esperanza de ver como a costa arriba se alixeira, se fai cha e acaba por voltar a ser todo como antes. O inconvinte é non podermos ve-lo futuro, a incertidume, a dúbida coa que nos enfrontamos a cada novo paso que damos, levados pola que quizáis sexa unha esperanza valeira. ¿Cándo deterse e dar media volta? ¿Cándo rexeita-la idea de seguir e renunciar? Supoño que é a pregunta do millón, coa que acabamos por atoparnos todos.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.