A canle pública autonómica mantén un claro sesgo a favor dos separatistas

Así é como a Televisión de Galicia favorece ó BNG, aliado galego de Bildu, fronte a Vox

Esp 14·6·2020 · 7:01 0

Un medio de comunicación público, cuxos ingresos proceden dos contribuíntes, debería ser políticamente neutral. Non semella ser o caso da Televisión de Galicia.

Medios afíns ó PP auparon ó BNG a costa de Vox cunha noticia falsa no día de reflexión
O PP regala dúas alcaldías ó BNG, aliado galego de Bildu: Feijóo non o desautoriza

O BNG: unha formación separatista que se aliou con Bildu nas últimas elecciónes europeas

A canle pública autonómica, controlada polo Goberno galego (en mans do Partido Popular), mantén un chamativo sesgo a favor do Bloque Nacionalista Gallego (BNG), unha formación separatista que foi aliada de Bildu e de ERC nas últimas eleccións europeas e que o pasado 6 de decembro se manifestou contra a Constitución Española. Ademáis, en 2017 apoiou o golpe separatista en Cataluña, cuxos promotores foron condeados por sedición polo Tribunal Supremo.

O núcleo do Bloque é un partido comunista que anima a seguir o exemplo de Lenin

Ademáis de separatista, o BNG é un partido de extrema esquerda: nesa coalición o partido hexemónico é a Unión do Povo Galego (UPG), un partido comunista. Fai só dous meses, a UPG comprometeuse a continuar a obra do dictador e xenocida Lenin nunha declaración conxunta con máis de 90 partidos comunistas. Á UPG pertencen 2 dos 6 diputados que ten o BNG no Parlamento de Galicia e o seu único representante no Congreso dos Deputados. Tamén é membro da UPG a actual líder do Bloque, Ana Pontón, candidata a presidir a Xunta de Galicia.

O descarado sesgo da TVG a favor do BNG e en contra de Vox

Imaxinemos por uns intres as burradas que se dirían sobre Vox se os seus principais dirixentes ensalzasen a un dictador e xenocida como Lenin e se ese partido fixese manifestacións en contra da Constitución, ou se aliase cun partido que non condea o terrorismo. Pois a pesar de que o partido de Abascal non é unha formación extremista como o Bloque, a TVG trata mellor ó BNG que a Vox. Non é unha conclusión que se deba a una percepción subxectiva. Pódese comprobar cunha sinxela procura en Google acotada ó dominio de CRTVG.es:

Ó anterior poderíamos engadir que a procura de "BNG" e "separatista" na web da CRTVG da 8 resultados. Curiosamente, ningún de eles se refire ó BNG. De igual forma, e aínda que hai 195 referencias á UPG nesa web, só unha fala do seu carácter comunista. Coma no caso do BNG, a procura na web da CRTVG non da nin un resultado a "UPG" e "ultraesquerda", e tampouco aparece ningún se buscas "UPG" e "extrema esquerda". Un claro blanqueamento da esquerda extremista mentres se estigmatiza a un partido constitucionalista como Vox.

A TVG quixo excluir a Vox pero non ó BNG a pesar de que reunían os mesmos requisitos

Tendo en conta o sesgo que acabamos de comprobar, explícanse cousas como o intento da TVG de deixar fora a Vox, pero non ó BNG, da súa cobertura das eleccións xerais de novembro de 2019, a pesar de que ambas formacións reunían os mesmos requisitos (non ter obtido representación en Galicia nas eleccións xerais de abril, pero ter obtido ó menos o 5% dos votos). Lembremos que en decembro de 2018 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que "Vox non ten cabida en Galicia". Ante a decisión da TVG de excluir a Vox, cabe preguntarse se Feijóo facía un pronóstico ou emitía unha orde... A Vox non lle quedou máis remedio que recurrir esa decisión arbitraria da TVG á Xunta Electoral, e esta deulle a razón a Vox.

A estratexia do PP de aupar ó BNG para restar votos ó PSOE

Como xa dixen o ano pasado, esa decisión da Xunta Electoral foi un revés para o PP, que seguramente esperaba silenciar a Vox en Galicia e ó mesmo tempo impulsar ó BNG para debilitar ó PSOE. A pesar de que estos dous partidos están aliados nalgunhas institucións, tralas eleccións locais de maio de 2019 o PP non tivo reparos en regalar ó BNG dúas alcaldías galegas, as de Catoira e Mondariz (Pontevedra), e tamén ofreceu un acordo ó BNG para desbancar ó PSOE na Fonsagrada (Lugo). Repito: trátase dos socios galegos de Bildu, un partido que non condena o terrorismo de ETA. Pregúntome se se lembran deses feitos os seguedores do PP que din estes días nas redes que votar a Vox é dar ventaxa ó BNG...

---

Foto: BNG. Mitin do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 2018.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.