Temín algo cando non o atopei na programación do Museo de Arte Contemporánea para este mes. Chamei esta semana ó MARCO e confirmáronme que en decembro non haberá proxeccións do Resfest en Vigo. O rapaz co que falei comentoume que tal vez se programe en xaneiro ou febreiro. A web internacional do Resfest pon a Vigo a última da lista e sen data confirmada para as proxeccións, e a web española nin sequera inclúe a nosa cidade.
No sei se isto é cousa dos responsables do MARCO ou do Concello de Vigo. Lle toque a quen lle toque, paréceme lamentable que a primeira cidade de Galicia en número de habitantes vaia cara atrás, culturalmente falando (aínda que poderíamos aplicalo a outros campos), en vez de ir cara adiante. En fin, mentras agardamos a que nos aclaren se teremos Resfest en Vigo próximamente, en Youtube podedes ver o trailer da edición de este ano (síntoo moito, pero só atopei a versión austriaca con subtítulos en alemán).
Comentarios:
Ktxnd
O problema de Vigo é , e sempre foi, que malia o seu grande número de habitantes, non ten os servizos (culturais, deportivos, transportes e outros moitos)que corresponden a unha cidade do seu tamaño e que outras máis pequenas teñen. Estou máis que farto da cantinela de «a cidade máis grande …». ¿De que serve, se vivimos como nunha vila?
9:39 | 9/12/06
Elentir
Isto que dis ocorre porque Vigo é unha cidade obreira, na que moita xente viu dos arredores para traballar, e agora, cando remata a súa semana de traballo, volta á aldea para pasar alí o sábado e o domingo. Coñezo moitos casos así.
O problema que ten iso é que non hai cultura de cidade en Vigo, e tampouco hai o interés pola cultura que podes atopar en Santiago. É moi triste, a verdade. Además, en Vigo temos unha clase política lamentable, que ata o de agora tense conformado con que ocupemos no mapa un posto semellante ó de Ponteareas. Cando vou á Coruña, morro de envexa, ¿sabes? Alí teñen de todo e a cidade está fenomenal, alí si que teñen cultura de cidade e unha cidade chea de eventos culturais. Pero claro, teñen pazos de congresos, aquí nin sequera se levantou o primeiro… 🙄
15:34 | 9/12/06
Opina sobre esta entrada: