Señor Conselleiro: isto non vai de porcentaxes, senon de liberdade

La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista con Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia. Nun apartado da entrevista no que lle preguntan polo futuro decreto do galego que está a preparar o seu departamento, o Conselleiro declara: "O que esta claro é que o 100% das materias troncais non poden ser en galego, que foi o que xerou as protestas." Pois mire, señor Vázquez, non é así. Aquí non estamos ante un problema de porcentaxes, senon de liberdade dos pais para elexir o modelo educativo que desexan para os seus fillos. Iso foi o que nos levou a miles de galegos a sair á rúa o pasado mes de febreiro na manifestación de Galicia Bilingüe en Santiago, non unha mera cuestión de porcentaxes.

Se unha familia quere que os seus fillos sexan escolarizados en galego, o lóxico é que poda cursar o 100% das materias troncais en galego, salvo aquelas nas que se impartan outros idiomas (como castelán ou inglés). E se unha familia quere que os seus fillos sexan escolarizados en castelán, as troncais terán que ser en castelán, coa mesma excepción do galego e do inglés.

E por certo, digo troncáis porque é do que fala vostede. Non vexo a conto de qué a liberdade de elección dos pais ten que limitarse ás asignaturas troncais. En fin, o que nos amosa isto é que o actual goberno da Xunta ainda non se decatou de onde está o problema lingüístico que xerou, por pura ideoloxía, o anterior goberno do PSOE e do BNG. Eles tíñano moi claro: querían acabar coa liberdade e discriminar ós nenos que teñen por lingua materna o castelán. É unha mágoa que o PP non o teña tan claro como eles, pero para defender a nosa liberdade como cidadáns.

---

(Foto: Ourense Dixital)

Comentarios:

  1. D45

    O que pasa é que este individuo considera que non pasa nada por impoñer que a xente non se vai queixar, non.

    Saúdos.

  2. Randall

    Yo alucino con esta gente.

  3. PProgre = PSOE + BNG

  4. elpensador1987

    ¿qué significa foi, xerou, vexo, amosa isto, mágoa y eles?

  5. Fue, generó, veo, muestra esto, pena y ellos. 😉

  6. Pelayo

    Sabía que jesusito nos iba a salir rana desde el mismo momento en que entró en política, allá cuando Baltar le nombró para ser diputado cuando estaban a punto de despacharlo de su puesto de decano de la facultad de empresariales de Orense.

    Este chico carece de personalidad alguna para el puesto que ocupa, aunque evidentemente Feijoo ya lo tenía que saber antes de nombrarlo. Si a esto unimos que su incomprensible subordinado para asuntos lingüisticos es un personaje autoritario partidario de la discriminación de los castellonablantes el resultado es comprensible. Hoy por hoy Feijoo ha traicionado a los que le votamos fundamentalmente por el asunto de la libertad lingüistica.

  7. Morgray

    Puede ser que Feijóo nos haya «traicionado» (aunque yo diría decepcionado), pero tengo claro que conmigo sólo lo hará una vez.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.