O mesmo ocurre nos sitios oficiais do PSdeG-PSOE, o BNG e En Marea

A rechamante ausencia da lingua común na nova páxina web do Partido Popular de Galicia

Esp 18·6·2020 · 6:41 0

O Partido Popular de Galicia actualizou a súa web, reducindo ata un tamaño ridículo o logo do PP. Pero hai unha novedade aínda máis rechamante que ésa.

El PP desoye al TC y margina el español a nivel oficial en un ayuntamiento de Galicia
Prohíben a un profesor utilizar el español en un conservatorio de la Xunta de Galicia

Ó entrar a esa web a través de Google apareceume unha mensaxe de error, pois a vella dirección da web en español, ppdegalicia.com/es, xa non funciona. Así que borrei o "/es/" para comprobar se hai unha nova web, e en efecto, haina. Ó acceder dende ppdegalicia.com agora a nova web, que ten un CMS Joomla, rediríxete de forma automática a ppdegalicia.com/index.php/gl/, cos contidos en galego.

Non hai ningún enlace a unha versión en español

Fixen unha copia en archive.ph para capturar os actuais contidos desa páxina. Busquei tanto na web como no seu código fonte e non hai ningunha ligazón a unha versión en español (si que a había na web anterior). A omisión é moi rechamante, pois ademáes de ser a lingua cooficial de Galicia que falamos moitos galegos, tamén é a lingua común de tódolos españois e a lingua oficial do Estado, segundo o Artigo 3 da Constitución Española. Resulta chocante que o partido que goberna Galicia nestes intres ignore así a lingua materna e de uso habitual da metade dos galegos, e máis tendo en conta o moito que insiste o PP no chamado "bilingüismo armónico", aínda que logo incurra en prácticas de discriminación do español, na súa total exclusión na toponimia oficial e na rotulación da Xunta, e mesmo na súa marxinación ilegal en ordenanzas municipais.

Si que hai una URL para unha versión en español, pero está en galego

Curiosamente, cambiando a parte "/gl/" da web en galego por un "/es/" atópome con que si semellan ter previsto unha web en español, con dirección ppdegalicia.com/index.php/es/ (outras combinacións devolven un erro 404). Sen embargo, nesa páxina o contido tamén está en galego e a diferencia é que desaparece casi todo o menú superior da web. Fixen tamén unha copia en archive.ph desta dirección para que poidades ver o seu estado no momento de redactar estas liñas. Espero que solventen esa ausencia en breve. Mantereivos informados.

Os sitios oficiais do PSdeG-PSOE, o BNG e En Marea, só en galego

Cómpre sinalar que ata o de agora, o PP era o único partido con presencia no Parlamento de Galicia cuxa web estaba nas dúas linguas oficiais de Galicia. E é que a web do PSdeG-PSOE, a do BNG e a de En Marea só están en galego. De igual xeito, a web de Podemos Galicia tampouco ten versión en español. Curiosamente, o PSOE é o partido que goberna actualmente en varias das cidades con unha máis amplia maioría de cidadáns hispanofalantes en Galicia, como Vigo e A Coruña.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.