Confeso que estiven moi desconectado dos medios de comunicación durante esta longa ponte que tivemos en Galicia (catro días, ó seren este martes, 25 de xullo, festa na comunidade). Ó feito é que lin onte unha nova na axencia Veritas segundo a cal o socialista Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia e como representante do Rei de España na ofrenda ó Apóstolo, abogou pola unidade de España e defendeu "o camiño de acordo e convivencia que os pobos de España atoparon no gran pacto constitucional de 1978, fito inaugural dun dos períodos máis benéficos da nosa Historia común". Ademáis, Touriño fixo unha "denuncia do terrorismo como unha das lacras que soporta a Humanidade nestes tempos difíciles e que cravou tamén as súas garras inmisericordes no corpo de España", e mesmo falou do "quimérico intento de lograr determinados obxectivos políticos mediante o exercicio reiterado da violencia, a extorsión e o terror".
Touriño é dirixente dun partido como o PSOE, que ven cedendo ante os asasinos de ETA dende hai moitos meses, que mira cara outro lado ante a extorsión etarra e ante os atentados desa banda terrorista. ¿Desde cándo lle importa a Touriño que ETA acade os seus obxectivos políticos? ¿En qué momento ten alzado a voz para denunciar no seo do seu propio partido a claudicación que está facendo Zapatero ante ETA?
O da unidade de España xa semella, directamente, unha broma de mal gusto. É cabreante ver falando da unidade de España desa forma ó mesmo Touriño que está a aceptar os plantexamentos dos nacionalistas radicais do BNG no novo Estatuto de Galicia, e que quere impoñernos a tódolos galegos un término de "nación" que a amplia maioría de nós rexeitamos para calificar á nosa terra, como ven de amosar unha enquisa encargada pola propia Xunta, segundo a cal só un de cada dez galegos acepta esa definición. Touriño, ademáis, quere impoñernos a todos o coñecemento obrigatorio do galego, pasando por enriba da Constitución e dos dereitos dos cidadánds. ¿É esta a idea da unidade de España que ten Touriño? ¿Cómo se pode ser tan cínico?
Oct 10 | Madrid 🇪🇸 12:00h: Izado solemne de la Bandera de España en la Plaza de Colón a cargo de la UME |
Oct 10 | Puerto de la Cruz 🇪🇸 12:00h: Izado solemne de Bandera con motivo del Día de la Fiesta Nacional |
Oct 12 | Sevilla 🇪🇸 18:00h: II Desfile de la Hispanidad, organizado por la Asociación Tercio de Olivares |
Opina sobre esta entrada: