As lamentacións de Bárbore

Fai catro anos merquei un disco dun grupo danés adicado a poñerlle música á obra do meu escritor favorito: The Tolkien Ensemble. O disco contaba coa colaboración do célebre actor Christopher Lee. Coa súa voz profunda deu forma a unha das máis fermosas e tristes cancións que aparecen en O Señor dos Aneis: a Canción de Bárbore. Neste son, unha vella árbore andante e barbuda (de ahí o seu nome: é coñecido como Treebeard na versión inglesa e Bárbol na versión española) lembra os tempos remotos nos que os da súa especie -coñecidos como "ents"- poblaban toda a Terra Media, épocas lonxanas que deixaron paso á desaparición de moitos bosques e á progresiva languidez dos ents no bosque de Fangorn.

O que está a ocorrer na miña terra dende fai xa dez días levoume a lembrar as lamentacións de Bárbore na súa fermosa e triste canción. Estes días percorrín montañas e bosques, e atopei arboredas totalmente queimadas, cumios chamuscados, e mesmo o meu observatorio de estrelas acabou sendo pasto das chamas. Non sentía tal tristura pola miña terra dende que hai precisamente catro anos -cando merquei ese disco- vin as olas da Costa de Morte escupir espuma negra, tinguida polo chapapote do Prestige.

Penso se haberá algún vello ent nos montes galegos que se teña salvado deste pesadelo de chamas e de cinza, e estará a cantar un son como aquel co que o vello Bárbore se lamentaba nos seus paseos por Fangorn, lembrando tempos que non ían voltar.

Comentarios:

  1. Yo acabo de mandar una carta, desde Hazte Oir para preguntar, porque ¡Ahora queremos saber más!:
    ¿Los despechados del PSOE detrás?

    Arde Galicia, más de 100.000 hectáreas. Un desastre de tremendos efectos contra la naturaleza. Los ecologistas no saben a donde mirar; y Narbona lanza sus dardos envenenados: ¿está el PP detrás de todo esto para desestabilizar nuestro feudo reciente?

    Parece que no fueron las brigadas del PP, expulsadas de su puesto de trabajo por motivos políticos: no haber sido contratados por el PSOE; y discriminados por sus «presuntas ideas políticas», violentando la defensa que hace la Constitución de que los españoles no podrán ser discriminados por sus ideas políticas o religiosas.

    Y parece que, entre los pirómanos, hay algún militante o ex-militante del PSOE cabreado, ¿por no estar en la lista? ¿por qué se olvidaron de contratarle en las nuevas brigadas de carné?

    Eso es Galicia, no hay meigas, tampoco habrá «nunca mais»; al menos cuando son compañeros los incendiarios. El Presidente pone agua e isla por medio; Narbona rectifica y Touriño, después de tanto humo reaparece ¿para pedir perdón por no existir o por no controlar a los suyos?

    Federico R. de Rivera

    Me ha comentado un amigo que buscas a un zaragozano de ng que te copia artículos en el blog, soy de ahí, si me mandas las señas puedo decirle que «al menos» te cite y se ponga en contacto contigo.

    Yo también pienso que HO es más serio, porque es natural, no una orientación de partido. Los partidos cada vez están más lejos del mundo real.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.