Unha lembranza para as nosas vacas

Unha das cousas máis bonitas que lembro da miña infancia son as excursións ó monte que facíamos co meu avó. Era unha magnífica persona, coñecía moito a montaña e ensinábanos moitas cousas. Ás veces, cando viamos unha vaca, comezaba a cantar aquela canción da Radio Orquesta Topolino, "Tengo una vaca lechera". Cada vez que escoito esta canción, lémbrome do meu avó.

A vaca da foto e outras dúas que estaban con ela atopámolas fai uns días no Alto da Grova, preto de Baiona. Miraban cara á nós, pasmadas, sen pastos que comer. Tiñan a pel chamuscada e rozada polas zarzas ardentes, seguramente ó escaparen do lume. Os gandeiros da zona tentaban agrupar ás vacas e cabalos que soen estar a pastar na zona de Chan da Lagoa, o Cortelliño e a Grova. Un paisano de Gondormar díxonos que varios animais foron sorprendidos polo lume e os atoparon carbonizados.

Non quero imaxinar qué cara poría o meu avó se vise agora o estado en que quedou a Grova, ou mesmo a triste imaxe desta vaca. Eu atopábalas na Grova, no meu particular observatorio de estrelas, cando subía a ver o ceo de noite. Sabía que sempre estaban alí, facéndome compaña ó seu xeito. Agora xa non as verei máis: os pastos da Grova queimáronse. As noites de estrelas na Grova agora van ter un sabor de soidade cheo de mágoa.

Ó mellor alguén non o entende, pero quero adicarlle ás nosas vaquiñas esta breve lembranza, coa esperanza de velas de novo pastando polo monte, libres baixo as estrelas.

Comentarios:

  1. Olimpia

    En http://www.elmundo.es sacan este tema también hoy.
    No te preocupes por las vacas. Este otoño sobrará el pasto, si llueve un poco.
    Ahora les darán silo, heno o camperina.

  2. jesus

    Se morreran todas as vacas da Grova, acabanse os incendios forestais.

    Todo o mundo sabe que na serra da Groba, serra do Galiñeiro e Serra da Paradanta, a motivación dos incendios son para facer pastos para o gando (vacas e cabalos).

    As vacas son animais domesticos, e o monte debería ser para os animais salvaxes ou ti es dos que pensa que os animais salvaxes non deberían de existir ou como moito si existen que sean en zoolóxicos?

  3. Las vacas y los caballos están en la Grova desde mucho antes de que tú llegaras al mundo, buen hombre.

    Por lo demás, sigues prejuzgando lo que piensan los demás, en lugar de preguntar. Se ve que es una costumbre tuya.

    Para terminar, «jesus», ¿o prefieres que te llame «Acebo»? Has firmado ya en este blog con cinco apodos distintos: Acebo, jesus, silvanus, alfredo y campesiño. ¿Tienes algún problema de personalidad? Ya estoy un poco cansado de tolerar esta tomadura de pelo por parte de alguien que se dedica a ofender a los demás como tú lo haces.

  4. Olimpia

    Querido Elentir:
    Tu abuelo se puede dar por satisfecho, mi hija la mayor ya se ha aprendido la canción de «La Vaca Lechera».

    Lo peor de los incendios no son sólo las vacas. Es tristísimo estar apagando fuego y ver a la fauna corriendo a toda velocidad: zorros, jabalíes, venados. Una pena.
    Pero lo realmente penoso es cuando muere una persona y en estos incencios han muerto cuatro.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.