Adoito dedicar tempo a ofrecer datos sobre as cousas que publico neste blog, pero neste caso serei moi breve: a imaxe fala por si soa.
Fixen estas dúas fotos o 7 de setembro ás 20:52 horas CET desde o baluarte do Diamante, no Castelo do Castro, en Vigo. Mostran o sol poñéndose sobre a bocana norte da Ría de Vigo, entre as Illas Cíes e Cabo Home. Nunca me cansarei de repetir que adoro Galicia. Podedes pulsar sobre as imaxes para velas ampliadas.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: