O meu negocio non é competitivo: quero unha subvención da Xunta

08·9·2010 · 18:33 9

O peche de varios medios nacionalistas deu lugar agora a un manifesto que esixe axudas públicas para ditos medios, baixo a idea de que pechan por estar en galego, e non pola súa descarada afinidade a sectores ideolóxicos nacionalistas cada vez máis minoritarios en Galicia e, por tanto, cunha escasa demanda no mercado.

Se veñen de pechar medios como Vieiros ou a versión impresa do semanario A Nosa Terra será pola xestión que fixeron os seus donos das cuantiosas subvencións que lles asignou o BNG dende a Xunta durante catro anos, e tamén porque ditos medios estaban enfocados a un público nacionalista e polo tanto minoritario. Que os nacionalistas lle boten á culpa dos seus fracasos ó galego di moito da pouca estima que lle teñen a esta lingua. Pero o peor non é iso. O peor é que pretenden que por elexir unha das dúas linguas oficiais de Galicia eles deben ser privilexiados polas administracións, e os que elixen a outra lingua oficial deben ser discriminados e non contar con ningunha axuda. Curiosa idea da liberdade e da igualdade.

O máis gracioso é que o citado manifesto di o seguinte: "Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes." ¿Non é un contrasentido, entón, pedir axudas públicas? Ademáis, o texto faille un reproche ós galegos, queixándose de que "non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego". Me temo que para o que non hai nin lectores nin anunciantes é para medios panfletarios nacionalistas. Uns panfletos, dito sexa de paso, que lle fan un fraco favor á lingua galega, identificándoa cos seus plantexamentos ideolóxicos excluintes e intolerantes. Se tanto aman a lingua galega, que deixen de botarlle a culpa dos erros que eles cometen, que deixen de aspirar a vivir do diñeiro do contribuinte, e que orienten á súa promoción dende a tolerancia e o respeto á diversidade lingüística de Galicia é á liberdade individual de cada galego para elexir á lingua na que quere escolarizar ós seus fillos ou facer ós seus negocios. E se mesmo así os galegos prefiren comprar medios en castelán, están no seu dereito. Xa está ben de querer correxir as eleccións persoais da xente a base de privilexios e discriminacións.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Comentarios:

  1. Randall

    Menudos jetas. Ja ja ja.

  2. Estou totalmente de acordo.

  3. Aínda hai pouco que lle adiquei no meu blog un traballo á caída de «A Nosa TErra», que pola súa deriva radical, como a doutros medios caídos en defensa do galegués, «a lingua da non-patria» que decía Novoneyra, fóronse quedando sen lectores.
    Son nemigo das subvenciós e menos a medios que fan apoloxía do idioma da traición, que xa non recolle a la da oralidade.
    Nvoneyra chamaballe traidores ós escritores que non collían o relevo da fala popular, a qu´os sentinelas das aldeas souberan maner vida, traballar.

  4. No parágrafo segundo, na fin do mesmo, quixen escribir, ó falare do idioma da traición: «Que xa non recolle a fala da oralidade», que por outra banda é a única que pode manter vivo o idioma.

  5. Estou de acordo co que dís, mais tamén é certo que os medios en galego se mercan menos. Pero non é algo que sexa de sempre, isto cucede dende que algúns teñen ese empeño en meternos o galego polo nariz. A xente está farta de que lles obliguen a falar, escribir e ler en galego, así que deciden escoller os medios en español.

    Os nenos, nas escolas, están fartos de que lles obriguen a traga-los libros de medio e matemáticas en galego, e non queren saber nada do galego fora das clases nesa lingua. Se non cambian as cousas, o galego desaparecerá por falta de uso pola culpa do empeño de eses fascistas naZionalistas na sua imposición.

    Son tan pouco intelixentes que non se enteran de que o galego sobrevivíu a 40 anos de discriminación no público e na educación, e non tivo que facer nada ninguén para que sobrevivise. O que estes parvos pensan que é defender a lingua galega no é outra cousa que o peor ataque que se lle pode facer. ¡Ay! se tivesen unha soa neurona que lles funcionara…

  6. A Interruptor:
    Nos anos 1966 e 1967, en Radio Pontevedra, funcionou un programa en galego, unha emisión semanal.
    Foron 92 emisiós, e non foron máis, porque eu cansei de traballar.
    Que quede constancia prós que falan da «longa noite de pedra» na que o idioma sobreviveu como algo natural na propia sociedade, a súa verdadeira creadora.
    A morte dos medios nazionalitaristas, privados de subvenciós, é consecuencia de exerceren na imposición dun xerga, do idioma da non-patria, traidores á tradición.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.