O verán na belísima Ría de Vigo adoita ser suave porque esta cidade de Galicia ten un aire acondicionado natural: a néboa.
Este domingo tivemos á noitiña un magnífico exemplo dese aire acondicionado que alivia a calor estival. A néboa adentrouse pouco a pouco na Ría de Vigo, bordeando Bouzas e a zona central do porto. Podedes velo nesta serie de fotos tomadas desde o monte do Castro. Nas fotos vemos a dársena de Bouzas (co barco ro-ro de Glovis Clipper amarrado nos seus peiraos), o Castelo do Castro (co miradoiro Saínte de Coia, unha visita obrigada para os turistas que veñen á cidade) e o edificio do Concello, construído sobre o antigo Castillo de San Sebastián. Ó fondo aparece a Península do Morrazo.
Podedes ver as fotos ampliadas pulsando sobre elas. As fotos están ordenadas na orde no que foron tomadas.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: