A Semana Santa é unha das máis importantes celebracións do calendario cristián, pois rememora a morte e resurrección de Cristo.
En España hai unha gran tradición de procesións de Semana Santa. As que se fan en Andalucía son moi ricas e vistosas. As do norte de España son máis austeras. En Galicia hai cidades cunha gran tradición de procesións de Semana Santa, como Ferrol e Pontevedra. Nesas localidades hai pasos moi vistosos, incluso para o que é habitual no norte de España, e confrarías con moitos membros.
Na Galicia rural tamén se organizan procesións máis modestas, como as de Gondomar, unha localidade de 15.000 habitantes situada ao sur de Vigo, no val do río Miñor, na provincia de Pontevedra. Este municipio ten un pequeno centro urbano, pero unha gran parte da súa superficie está na serra do monte Galiñeiro. Unha das máis bonitas procesións de Gondomar é a dos Catro Pasos, que se fai no Xoves Santo, tras a celebración da Última Cea na Igrexa de Santo Benito, desde onde os pasos baixan ata o centro da localidade.
O nome desta procesión débese a que nela paséanse catro pasos: o de Cristo coa Cruz ao lombo, o de San Xoán Evanxelista, o da Virxe da Amargura e o de Cristo crucificado. Non son pasos moi grandes e non hai moitas persoas para levalos, especialmente se os comparamos cos grandes pasos da Semana Santa andaluza, pero esta tradición de Gondomar mantense viva a pesar do paso do tempo. Hai nove anos que non asistía a esta procesión e salvo algúns cambios que hai habido en Gondomar, foi como viaxar ao pasado.
A iluminación do centro da localidade apágase para celebrar esta procesión, polo que se fai ás escuras, alumada tradicionalmente só coas luces dos pasos e as velas que portan os paisanos que acoden a este acto, e agora tamén polas luces LED da Agrupación Musical de Vincios, que adoita participar nesta marcha relixiosa.
Para quen vivo nunha cidade ruidosa, faise sorprendente ver as rúas ás escuras e en silencio levando a cabo un evento como este: unha procesión sobria e bela que plasma as profundas raíces cristiás dun pobo. Podedes ver aquí o vídeo da procesión que publiquei na miña canle de YouTube:
Podedes ver aquí máis fotos desta procesión que publiquei na miña conta de Flickr.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: