Hai anos que me animei a lanzar esta sección do meu blog non só para mostrar lugares interesantes, senón tamén como evasión.
Ás veces, a actualidade política resulta tan desagradable que fai falla unha pausa, un descanso, un momento para desconectar e respirar aire limpo. Actualmente, a moitos poderá sorprenderlles que adique tanto tempo a publicar en Explorando.info, pero con tanto dor, con tanta morte e con tanto horror, este recuncho verde para descansar de todo é máis necesario que nunca. Así que imos a iso.
Acabo de ver un bonito vídeo publicado hai dous anos polo fotógrafo e cineasta alemán Sercan Kurt, no que nos amosa algúns recunchos da cidade de Santiago de Compostela nun día chuvioso. En Galicia adoitamos dicir que en Santiago a choiva é arte, e este vídeo é unha demostración diso. Se con iso, ademais, consigo que polo menos vos tomedes dous minutos de respiro, creo que valería a pena publicalo:
En 1935, o poeta andaluz Federico García Lorca escribiu uns preciosos versos en galego, titulados "Madrigal á cibdá de Santiago", que resumen dunha forma marabillosa esas pingas de arte que cae sobre a capital de Galicia nos días chuviosos:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.Soma e cinza do teu mar,
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
O grupo galego de música tradicional Luar na Lubre publicou unha preciosa versión musical deste poema no seu magnífico álbum "Cabo do mundo" (1999), coa máxica voz de Rosa Cedrón cantando os versos de Lorca:
---
Imaxe principal: Sercan Kurt.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: