Hoxe é o Día das Letras Galegas, celebración que foi instituida en 1963, en pleno franquismo, para homenaxear ós escritores en lingua galega. Quero aproveitar a ocasión para facer algunhas reflexións sobre a evolución que viviu esta fermosa lingua neste medio século.
Cando se celebrou o primeiro Día das Letras Galegas, o idioma galego non tiña espacio no ensino. Viviamos baixo unha dictadura na que a educación facíase únicamente en español. Coa chegada da democracia a situación cambiou e os galegos gañaron espazos de liberdade nos colexios. O galego entrou nas escolas, primeiro cunha presencia modesta e máis tarde, por iniciativa dos gobernos de Fraga, ocupando de forma obrigatoria a metade das asignaturas impartidas nos colexios. De esa situación pasaouse baixo o goberno bipartito do PSOE e o BNG (2005-2009) a unha situación de discriminación legal non da lingua española -unha lingua non é unha persoa e non pode ser discriminada-, senon dos seus falantes, establecendo un tope máximo do 50% para os contidos docentes en español e un tope mínimo do 50% de contidos docentes en galego, de tal xeito que podíase dar a situación de dar todas as materias en galego, pero non a situación de poder dar todas as materias en castelán.
Alberto Núñez Feijóo acudiu ás eleccións galegas de 2009 prometendo un modelo educativo baseado na liberdade lingüística, que é o máis adecuado para unha comunidade bilingüe como a nosa, pero unha vez gañou as eleccións co voto de moitos galegos que lle apoiaron para que se fixera efectivo ese compromiso, o novo presidente da Xunta olvidou a súa palabra e estableceu un sistema trilingüe na que é a administración pública a que segue a tomar unha decisión que debería corresponder ós pais: a de decidir a lingua na que queren que sexan educados os seus fillos. Igual que pasaba na dictadura, os políticos seguen a decidir polos pais no que respecta a lingua na que se escolarizan os pequenos.
Vivimos nun réxime político que se di democrático pero que sen embargo rexitra certas actuacións dos políticos que son impropias dunha sociedade libre. A utilización da lingua galega como pretexto para políticas liberticidas é unha desas actuacións, e a paradoxa é que acabou perxudicando á propia lingua que en teoría queren protexer e defender os partidarios da súa imposición. A mellor demostración está no fracaso dunha serie de medios en galego, a maioría deles vinculados ideolóxicamente ó nacionalismo, mentres perviven en Galicia cabeceiras como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, El Correo Gallego, La Región ou El Progreso, todas elas escritas maioritariamente en castelán. O nacionalismo interpretou esa situación como unha escasez de oferta de medios en galego que non cubre a demanda de noticias neste idioma, pero a realidade demostra todo o contrario: non existiu demanda para certos medios en galego de signo nacionalista, e sen embargo existe en Galicia unha gran demanda de medios en castelán. Dase a mesma situación nos cines, nas librerías e mesmo na rede.
¿Cómo se entende que a liberdade que temos para decidir o periódico que queremos comprar non a teñan os galegos para decidir a lingua na que queren educar ós seus fillos? ¿Por qué non deixar ós pais a mesma liberdade da que gozan outros sectores sociais que responden con éxito ás inquietudes da xente, e non ás imposicións dos políticos? Con isto non só se faria unha sociedade máis libre: tamén se liberaría ó galego do perigo de acabar convertíndose nunha lingua que esperte o resentimento daqueles que sufren as políticas de imposición lingüística. As cousas máis fermosas acaban por ser odiadas cando no seu nombre se atropelan os máis elementáis dereitos das persoas. Deixen de atropelar á xente no nome da lingua galega, fagan o favor. Deixen de ensuciar a lingua de Rosalía vencellándoa a un nacionalismo excluinte que pretende convertir en extranxeiros na súa propia terra a todos aqueles galegos que teñen por lingua materna a de Cervantes. Tanto o galego como o castelán forman parte do patrimonio lingüístico e cultural de Galicia porque nesas dúas linguas veñen facendo as súas vidas os galegos dende hai moitos centos de anos. O mellor que pode haber nun territorio é unha convivencia en liberdade, e iso é o desexable tamén para Galicia, por moito que algúns iluminados queran dictarnos a lingua na que temos que educarnos e na que temos falar, incluso a risco de que acabemos por mirala con resentimento. Deixen de fomentar o aborrecemento e o odio á lingua galega coa súa imposición, fagan o favor. Deixen de unha vez que a amemos como só sabe amar a alguén todo ser humano: dende a liberdade.
Artículos relacionados:
- Contra a sentimentalización do idioma, por Pablo en Vigilia Pretium Libertatis
- Rosalía es de todos, por Gloria Lago
- Maltratadores do galego, por Elentir
Comentarios:
Juana de Arco
¡Vaya!. No sabia que había sido Fraga el que puso el gallego en las escuelas en un 50% de materias.
Feijóo es otro más de entre los nacionalistas, tiene la misma palabra, y sus «compromisos» en campaña son meros anzuelos para captar votos. Ya se ha visto.
Tanto unos como otros no creo que «descriminen» el castellano, lo que van es detrás de otra independencia del resto de España, y lo van ahaciendo sin que al parecer la gente se vaya dando cuenta de la estrategia.
El PP ya se ha quitado todas las caretas en todas las regiones, en todos los campos y han dejado al descubierto la moral que practican.
0:14 | 18/05/12
olivares
Una aclaración. La primera vez que se estudió gallego como asignatura en el sistema educativo en Galicia fue bajo el gobierno de de Francisco Franco, fruto de la ley de enseñanza del ministro Villar Palasí, recientemente fallecido.
12:10 | 22/05/12
Opina sobre esta entrada: