O Premio Nacional das Letras Españolas sí inclúe ás linguas cooficiais

Feijóo celebra as Letras Galegas sen citar o idioma español que usa o 68% dos galegos

Hoxe Galicia, que ten dúas linguas oficiais (o español e o galego), celebra o Día das Letras Galegas. Unha xornada que ignora a parte desas letras.

Unhas palabras do autor do Himno de Galicia que provocarán un desgusto ós separatistas
Hoxe os nacionalistas asaltarían as librerías para destruir os libros de Rosalía de Castro

O español: un idioma usado polo 68,9% dos galegos...

Dende fai centos de anos en Galicia conviven con normalidade dous idiomas: o galego e o español. O primeiro é o máis falado no mundo rural e o segundo é dominante nas cidades. Segundo os últimos datos do IGE publicados en 2018, un 47,35% dos galegos ten o español como lingua máis habitual, sendo un 23,14% o que o fala máis que o gallego e un 24,21% o que o fala sempre. Ademáis, un 21,55% afirma falar máis en galego que en español, co cal xa temos un 68,9% de galegos que falan en español, frente a un 30,33% de galegos que din falar en galego sempre.

... pero desterrado das administracións locais e autonómicas

A nivel oficial, as institucións locais e autonómicas son monolingües en galego, redactando tódolos seus rótulos e documentos oficiais nesa lingua e ignorando sistemáticamente o español, incluso naquelas poboacións onde é a lingua da amplia maioría dos veciños. Isto é así porque moitos políticos teñen un concepto moi asimétrico do que é a diversidade lingüística: invócana para as linguas rexionais pero non para a lingua nacional.

Feijóo omite toda mención ó español no Día das Letras Galegas

Un exemplo diso é o discurso pronunciado hoxe en Vigo por Alberto Núñez Feijóo (pódese leer aquí) con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebra cada 17 de maio. O discurso, de 1.102 verbas, non incluiu nin unha sola mención ó español, a pesar de ser a lingua falada habitualmente por gran parte dos galegos, empezando pola amplia maioría dos vigueses.

Mencionou sete veces a Galicia como «país» sen citar nin unha vez a España

O discurso de Feijóo, ademáis, estivo trufado de nacionalismo: refiuse a Galicia como "país" sete veces sen mencionar a España nin unha sola vez, e identificou a propia existencia de Galicia co idioma galego, afirmando que antes da autonomía "Galicia non esmoreceu grazas a unha cultura diferente que reivindica o noso papel no mundo", referíndose á lingua galega como "o idioma une aos galegos" e ensalzando un concepto, a "normalización", que ven servindo para desterrar a lingua española da toponimia de Galicia e da esfera pública nesta comunidade. O curioso é que Feijóo tamén afirmou: "O pobo galego acerta cando decide facer do idioma unha ponte e non un valado, un punto de encontro e non unha disxuntiva". Pero isto último é precisamente o que fai Feijóo ó omitir toda referencia ó español no Día das Letras Galegas.

Tan galego e tan español é quen fala en galego como quen fala en español

Eu nacín e teño vivido toda a miña vida en Vigo. A miña lingua materna é o español e a miña segunda lingua é o galego. Teño un gran aprecio polas dúsa, e acostumo a utilizar o gallego a diario. Posúo unha gran colección de música tradicional en galego: é un pequeno tesouro que góstame escoitar cando conduzo. Eu non me considero menos galego por falar habitualmente en español, igual que non considero que ninguén sesa menos español por falar en galego. Certos políticos semellan olvidar que tan galega é a lingua española que falamos moitos galegos, como española é a lingua galega que falamos moitos españois.

O Premio Nacional das Letras Españolas sí inclúe ás linguas cooficiais

Lembremos que o Artigo 3.3 da Constitución Española sinala: "A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e protección." As cita como "patrimonio cultural" de España, obviamente. De feito, cando se creou o Premio Nacional das Letras Españolas en 1984 abriuse a obras "en calquera das linguas españolas oficiais" (ver BOE). Compre lembrar, ademáis, que fai xa décadas o Goberno de España creou o Premio Rosalía de Castro co "propósito de proclamar o valor aportado á nosa cultura española por linguas españolas distintas da nacional", dedicando dito premio á poesía en lingua galega. E isto fíxose en 1967, en pleno franquismo (ver BOE).

O Día das Letras Galegas marxina ós escritores galegos en español

Pola contra, o Día das Letras Galegas nunca estivo dedicado a ningún autor galego que escribise a súa obra completamente en español, como se non merecesen ningún recoñecemento por parte dos galegos. Grandes autores nacidos en Galicia como Gonzalo Torrente Ballester, Camilo José Cela, Emilia Pardo Bazán, Ramón María del Valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez foron marxinados desta xornada simplemente porque escribiron as súas obras en español, aínda que esas obras sexan unha parte valiosísima do patrimonio cultural de Galicia. Irónicamente, hoxe Feijóo citou a Pardo Bazán por cumplirse fai pouco o centenario do seu falecemento, pero se se manteñen as pautas que ven observando o presidente galego, nunca lle adicará o Día das Letras Galegas porque a súa obra escribiuse en español. Isto é como tratar ós galegos hispanohablantes como extranxeiros na nosa propia terra. Se iso non é levantar valados en vez de pontes, xa me dirá entón qué é, señor Feijóo.

---

Foto: Xunta de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.