A Ría de Vigo é un lugar no que as portas de sol son como unha obra de arte, e algunhas veces mesmo poden darche unha sorpresa.
O 12 de outubro foi ata a praia de Canido, na parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo. O mar estaba en calma, unha situación ideal para facer boas fotos. Nesta vemos o espigón do porto de Canido, coa súa baliza (un lugar onde moita xente vai pescar) e ó fondo a illa de Toralla, co seu enorme edificio e a ponte que a une coa praia do Vao, un bonito lugar da ribeira sur da Ría de Vigo.
Ó estar o mar en calma, a luz do sol dibujana un ronsel dourado sobre a superficie da auga, coma se fose un camiño de baldosas amarelas ata o horizonte.
Estiven a esperar a que o sol desaparecese, vendo como ese camiño de baldosas amarelas íase acurtando pouco a pouco.
Ás 19:59 horas, a cara redonda da nosa estrela empezou a distorsionarse, ofrecendo un curioso espectáculo de luz. Aquí vémola á dereita da baliza exterior de Canido (05181), que emite luz verde, e ó fondo o faro do Illote Boeiro, que emite luz vermella (podedes velo mellor pulsando sobre a foto para vela ampliada).
Ás 20:00 horas, o sol ofreceu a súa última luz do día, unha débil liña dourada, e finalmente escondeuse no horizonte.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: