Os preparativos para os actos centrais do Día das Forzas Armadas 2026 continúan na cidade de Vigo e tamén nos seus ceos.
Hoxe, ás 11.03 horas CET, o Exército do Aire anunciou que se podería ver o ensaio do desfile aéreo sobre Vigo ás 13.30 horas. Efectivamente, en Vigo puidemos ver avións, pero voando a gran altura e non nunha disposición que se pareza a un desfile aéreo.
Estas imaxes foron tomadas este mediodía desde o Monte do Castro, no centro da cidade. Nelas podemos ver algunhas das aeronaves que participaron neste ensaio. A previsión é que 46 avións e 25 helicópteros participen neste desfile. Hoxe só puidemos ver aeronaves do Exército do Aire (o desfile tamén contará coa participación do Exército de Terra, a Armada e o Servizo Aéreo da Guarsia Civil). Sobre estas liñas podemos ver unha formación de tres cazas EF-18M Hornet sobre a ermida del Monte Alba.
Dous EF-18M sobre a illa de Toralla. Á altura á que voaban faría falta un bo teleobjetivo para obter mellores imaxes...
Unha imaxe ampliada dun dos EF-18M. Levaba dous depósitos de combustible externo e un misil aire-aire AIM-2000 IRIS-T no soporte marxinal de babor.
Outra imaxe ampliada dun EF-18M, concretamente o C.15-43, do Ala 15, con base en Zaragoza. Podemos distinguir a bonita decoración conmemorativa do 40º aniversario desa unidade na súa deriva de estribor. Este avión tammén levaba un misil aire-aire AIM-2000 IRIS-T no soporte marxinal de babor e tres depósitos de combustible externo. Os dous situados baixo as ás levan unha decoración característica das Tiger Meet da OTAN.
Un dos avións de transporte e reabastecimiento Airbus A330 MRTT do Ala 45, con base en Torrexón de Ardoz. Concretamente é o TK.24-03, con indicativo de radio "Bruxo 61". Estivo a dar voltas na bocana da Ría de Arosa durante bastante intre, segundo púidose ver en Fightradar24.
Unha ampliación da foto anterior. Como podemos ver, o A330 MRTT TK.24-03 levaba estendidas as súas dúas mangueiras de reabastecimiento en voo. Segundo o dossier de prensa do Día das Forzas Armadas (PDF), este avión voará na Formación 6 do desfile aéreo acompañado por un EF-18 do Ala 15 e un Eurofighter do Ala 11, simulando unha formación de reabastecimiento en voo.
O A330 MRTT TK.24-03 voando sobre a península do Morrazo. Vemos abaixo a localidade de Cangas de Morrazo.
O A330 MRTT TK.24-03 voando sobre a Ría de Vigo, coas illas Cíes detrás.
Neste ensaio tamén se viu un Airbus A310 do Ala 45 (arriba) e un dos avións anfibios apagalumes do 43 Grupo (máis abaixo; non se distingue se era un CL-215T ou un CL-415). Ambos ten a súa base en Torrexón de Ardoz.
Unha ampliación moi forzada do A310 da foto anterior. O A310 é un dos avións utilizados polo Exército do Aire para transporte de persoeiros.
O A310 (arriba) e o avión anfibio do 43 Grupo (abaixo) sobre Cangas. Os avións do 43 Grupo son visitantes habituais de Galicia, xa que esa unidade desprega un destacamento todos os veráns no Aeródromo Militar de Santiago de Compostela, para combater os incendios forestais
Un avión de transporte e reabastecimiento en voo Airbus A400M Atlas do Ala 31 no ensaio do desfile aéreo. Era o TK.23-14, con indicativo de radio "Mamut 71". Dous avións deste tipo voarán na Formación 7 do desfile aéreo.
Tamén houbo varios helicópteros no ensaio. Aquí vemos o AS-332 Super Puma HT.21A-02 (indicativo de radio "Puma 21", á esquerda) e un NH90 "Lobo" (á dereita), ambos os do Ala 48, con base en Xetafe, voando sobre Cangas. Estes helicópteros voarán na Formación 12 no desfile aéreo. Tamén se viu un EC-120 Colibri da Patrulla Aspa, unidade que irá a continuación na Formación 13.
O Super Puma e o NH90 sobre a Ría de Vigo, coas illas Cíes detrás. Vemos máis abaixo os edificios do Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Terminamos con esta imaxe do Super Puma (abaixo á esquerda) e do NH90 (abaixo á dereita) e un avión de transporte C295M do Ala 35, con base en Xetafe. O que vemos abaixo é a península do Morrazo.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: