O evento incluirá un desfile terrestre e aéreo e unha parada naval na ría

O programa do Día das Forzas Armadas de España 2026, que se celebrará en Vigo

EspEng 14·4·2026 · 22:07 0

A finais de maio, a cidade de Vigo acollerá por primeira vez na súa historia os actos centrais do Día das Forzas Armadas de España.

O Exército e a Armada na procesión do Santo Enterro da cidade de Pontevedra
'Santiago', un alegre pasodobre galego que hoxe é unha marcha militar do Exército Español

O programa dos actos foi anunciado hoxe en Vigo polo Xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD), o Almirante Xeral Teodoro Esteban López Calderón, nun acto celebrado na Comandancia Naval de Vigo. López Calderón destacou que "con esta celebración preténdese dar a coñecer á cidadanía o traballo que os militares, incluídos os pertencentes á Garda Civil, realizamos dentro e fóra das nosas fronteiras, o noso labor permanente de vixilancia e protección do territorio e espazos de soberanía e interese nacional, así como de defensa da paz e a liberdade no mundo".

Os actos centrais do Día das Forzas Armadas desenvolveranse do 26 ó 31 de maio. O desfile terrestre e aéreo celebrarase o 30 de maio no paseo da Praia de Samil. Este desfile contará coa participación dos tres exércitos e 130 vehículos, 46 avións e 25 helicópteros. Os eventos que terán lugar na cidade son estes:

  • Do 26 ó 31 de maio, Porto de Vigo: presencia naval e exposición estática de material.
  • 27 de maio, 19.00 horas. Estadio de Balaídos: exhibición de persoal e material.
  • 28 de maio, 19.15 horas. Porta do Sol: encontro de músicas militares, con sete Unidades de Música das Forzas Armadas que farán previamente un pasacalles ata confluír nesa praza.
  • 29 de maio, 15.30 horas. Ría de Vigo: revista naval presidida por S.M. o Rei Felipe VI, coa participación de buques da Armada e da Garda Civil.
  • 29 de maio, 17.15 horas. Praia de Samil: exhibición dinámica de persoal e material. Incluirá unha exhibición ecuestre e outra de guías caninos.
  • 30 de maio, 12.00 horas. Praia de Samil: acto central do Día das Forzas Armadas. Haberá un izado e homenaxe á Bandeira Nacional, unha homenaxe ós que deron a súa vida por España e un desfile terrestre e aéreo.

Como veciño de Vigo, síntome orgulloso de que a miña cidade vaia acoller estes actos. É unha honra para os vigueses poder celebrar o Día das Forzas Armadas nas súas rúas, na súa ría e no seu porto. Por suposto, teredes máis información sobre estes actos en Contando Estrelas. Espero poder cubrilos todos, é unha oportunidade histórica poder facelo sen saír da miña cidade.

---

Foto principal: Casa Real.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.