Esta unidade está equipada con cinco avións da Academia Xeral do Aire

Os PC-21 da Formación Mirlo debutarán nun Día das Forzas Armadas en Vigo

EspEng 19·5·2026 · 23:43 0

A semana que vén, do 26 ó 31 de maio, a cidade de Vigo acollerá os actos centrais do Día das Forzas Armadas de España.

O programa do Día das Forzas Armadas de España 2026, que se celebrará en Vigo
O Exército e a Armada na procesión do Santo Enterro da cidade de Pontevedra

Estes actos incluirán un desfile terrestre e aéreo o 30 de maio na praia de Samil, o principal areal desa cidade galega. Este evento contará coa participación de 130 vehículos, 46 avións e 25 helicópteros militases. Un dos momentos máis bonitos deste desfile será, como outras veces, a pasada dos avións do Exército do Aire debuxando as cores da Bandeira de España.

Tras a disolución da Patrulla Águila, esa tarefa recae agora na Formación Mirlo, equipada con cinco avións de adestramento Pilatus PC-21, denominados E.27 polo Exército do Aire e operados pola Academia Xeral do Aire (AGA) de San Xavier (Murcia). O Ministerio de Defensa anunciou hoxe que será o debut desta formación nun Día das Forzas Armadas, e sinalou que estes avións sobrevoarán Samil durante a homenaxe ós que deron a súa vida por España e durante o desfile aéreo:

O debut desa formación nun desfile tivo lugar o 12 de outubro de 2025 durante os actos do Día da Festa Nacional, que se celebra anualmente na cidade de Madrid. Lamentablemente, o mal tempo desluciu ese desfile aéreo, no que só puideron voar 19 aeronaves e ningún helicóptero.

Naquela ocasión, o ceo gris tamén provocou que as cores da Bandeira de España xerados polos PC-21 non se visen en todo o seu esplendor, o que provocou algúns desgustos no público.

Nesta ocasión, as previsións meteorolóxicas para a semana que vén en Vigo dan ceos totalmente despexados desde o martes e mesmo temperaturas xa tipicamente estivais, con temperaturas máximas de entre 27 e 31 graos. Se vides ó desfile (lémbrovos que este blog publícase desde Vigo), traede crema solar. No dossier de prensa do desfile (PDF) podedes ver como serán as formacións participantes no desfile aéreo. A Formación Mirlo será a formación 18 do desfile.

A diferenza dos reactores C-101 Aviojet da Patrulla Águila, os PC-21 da Formación Merlo non poden xerar o fume cos escapes dos seus motores, xa que os turbohélices non deixan ronseis. Debido a iso, cada avión da Formación Merlo vai equipado con dous xeradores de fume Sanders Smoke Technologies SCSG-5, un modelo fabricado nos Estados Unidos.

Cada xerador SCSG-5 é unha góndola de aluminio de 2 metros de longo por 254 mm de ancho, en cuxo interior están aloxados o xerador de fume e un depósito de 7,57 litros de gasolina de aviación de 100 octanos e 37,85 litros de aceite de fume, con capacidade para operar uns 10 minutos. O SCSG-5 é compatible cos colorantes de aviación Milliken, que permiten ós PC-21 facer ronseis de fume de cores como as que trazaban os avións C-101 Aviojet da Patrulla Águila.

---

Fotos: Ministerio de Defensa / Ejército del Aire / Casa Real.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.