Hai lugares que son especiais e que sempre o serán, do mesmo xeito que algunhas datas. Podería ser calquera outro día, pero foi ese.
O 31 de maio de 2025, tal día como hoxe, fixen as fotos que podedes ver a continuación. A primeira está tomada na praia de Patos, en Nigrán. Vemos o fondo as illas Cíes e á esquerda a península de Monteferro.
Estoutra foto fíxena desde o paseo marítimo de Panxón, tamén en Nigrán. Vemos as luces do porto de Panjón e o edificio do Club Náutico.
Esta última foto é do porto de Panxón. Non o lembraba, pero acabo de ver no Faro de Vigo que ese día Nigrán tivo un prognóstico de entre 14 e 23 °C. Foi unha noite agradable na que se podía pasear, pero non había moita xente a pesar de ser sábado.
Sei que estas fotos non lle dirán nada a moita xente. Eu téñoas gravadas na memoria. O desa noite foi o último paseo do meu pai. Lamentablemente, non se me ocorreu facerlle unha foto ese día. Todo parecía ir ben. Aquela noite a súa mala saúde pareceu darlle un respiro. Non sentiu dores. É coma se Dios lle habería concedido aquela última noite en completa paz para que non nos esquecésemos do importantes que son os momentos agradables nos que todo vai ben. A noite seguinte, a do 1 de xuño, todo precipitouse. O meu pai empezouse a atopar mal e tivemos que chamar a unha ambulancia. Foi a primeira das súas dúas últimas hospitalizacións. O 7 de agosto deixounos para ir á Casa do Pai.
Onte pola noite volvemos a Patos e a Panxón. O mesmo paseo que demos con el hai un ano. Non vou dicir que o demos sen el: é coma se o tivésemos connosco todo o intre. Está en cada banco no que se sentaba, en cada achega pola que camiñaba, en cada paisaxe que vimos xunto a el. Tal vez á miña nai non lle guste que deixe todos estes detalles por escrito, pero quero facelo porque me gusta conservar os bos recordos, para o día en que a miña memoria xa non sexa tan boa como agora. Gracias polo meu pai, Señor, e por todos os bos momentos que nos permitiches vivir xunto a el.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: