Unha tradición galega xunto a unha capela dedicada á Virxe do Carme

As imaxes dunha noite de San Xoán nunha das parroquias costeiras de Vigo

EspEng 24·6·2026 · 9:44 0

Hoxe é o día de San Xoán Bautista, unha xornada durante a cal Galicia vive unha antiga tradición de facer fogueiras á medianoite.

Un espectacular ocaso a cámara rápida no pequeno paraíso da Ría de Vigo
Saínte de Coia, a pouco coñecida historia do miradoiro máis popular da cidade de Vigo

Onte tiven a oportunidade de vivir esta tradición en Coruxo, unha das parroquias costeiras da cidade de Vigo. Ano tras ano, esa parroquia organiza unha fogueira veciñal na chaira que hai xunto á bonita Capela da Virxe do Carme do Vao, un pequeno templo de pedra construído en 1952 e obra do arquitecto Antonio Román Conde. Nas imaxes podemos ver algunhas dos costumes desta celebración, como saltar a fogueira (por motivos de seguridade faise unha fogueira máis pequena ó carón para isto), así como estudantes tirando os seus apuntamentos ás chamas unha vez finalizado o curso.

Este ano se puido ver moita xente nas fogueiras de Vigo xa que é día festivo en toda Galicia (moveuse o festivo do día das Letras Galegas, xa que este coincidiu en domingo). Outros anos nesta fogueira de Coruxo escoitábase música de gaitas, o cal era moi bonito, pero esta vez optaron por un DJ poñendo música actual, o cal atraeu a moitos novas. Persoalmente, quedo coas gaitas.

É a primeira noite de San Xoán sen o meu pai, aínda que sei que el estaba connosco en certo xeito. Foron moitos anos seguindo esta tradición con el e en cada sitio no que estivemos xuntos o seu recordo está especialmente vivo para nós.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.