Faro de Vigo e Diario de Pontevedra tachan de "ultradereita" ó agredido

A TVG non informa sobre a agresión contra Vox en Cangas e La Voz de Galicia a esconde

Esp 04·3·2020 · 18:50 0

A agresión a un ancián afiliado de Vox en Cangas do Morrazo, grabada en vídeo, foi ocultada pola Televisión de Galicia, a canle pública autonómica que controla o PP.

Agresión a un afiliado de Vox de 77 anos nunha mesa informativa en Cangas do Morrazo
Feijóo regou con 848.000 euros en axudas en 2019 ó xornal afín ó PP que máis ataca a Vox

O vídeo foi difundido onte por Vox Pontevedra, e nel se ve a un individuo en bicicleta agredindo ó ancián afiliado de Vox:

A TVG oculta o acontecido mentres medios nacionais dan a noticia

Medios nacionais como La Razón, Libertad Digital e Ok Diario e incluso o diario catalán La Vanguardia sí que informaron sobre esta agresión, pero non a televisión que se sostén co diñeiro de tódolos galegos coa excusa de ofrecernos un servizo público de información. Aínda que a noticia coñeceuse onte polo serán, a TVG non a incluiu en ningún dos informativos que emitiu ata o de agora. No seu Telexornal do mediodía de hoxe, a TVG sí que informou, amosando un vídeo de Internet, da detención dun conductor temerario en Madrid que subiu co seu coche a unha beirarrúa do Paseo da Castellana. En outubro la TVG tamén informou sobre unha protesta de 4 membros de Femen contra Vox en Madrid. Polo visto, a Vila e Corte debe quedar máis preto que Cangas do Morrazo para os xornalistas da TVG.

La Voz de Galicia esconde a agresión ó final doutra noticia

Pero se o silenciamento desta noticia pola TVG xa é bochornoso, o que fixo hoxe La Voz de Galicia xa é de traca. Este xornal, hipersubvencionado polo goberno de Feijóo, escondeu a noticia da agresión en outra noticia que fala sobre un concelleiro separatista de Cangas. A noticia titúlase "Mariano Abalo volta á senda do BNG", e fala sobre a relación entre ese personaxe e os concecelleiros do Bloque. A agresión ó afiliado de Vox aparece no último párrafo e sen incluir ningunha imaxe. O tratamiento das informacións sobre Vox que ven facendo ese xornal é abertamente hostil a ese partido. Nas eleccións xerais de novembro, La Voz de Galicia chegou ó extremo de difundir un bulo sobre Vox horas antes da xornada de reflexión, un bulo que se negou a rectificar e que seguiu recordando dende entón a pesar de que Vox xa o desmentiu taxantemente.

Faro de Vigo e Diario de Pontevedra tachan de "ultradereita" ó agredido

Mención especial merécense aquí dous medios da provincia de Pontevedra polo tratamento que deron a esta noticia. Onte o xornal Faro de Vigo, afín ó PSOE, deu noticia da agresión, citando a Vox como "partido de ultradereita" pero sen poñer motes ó agresor, ó que se refire simplemente como "ciclista". Así é como o xornal favorito de Abel Caballero pretende transmitir ós seus lectores quén é o bo e quén é o malo nesta noticia... Diario de Pontevedra tamén deu a noticia sinalando a Vox como "partido de ultradereita" e sen poñer motes ó agresor, pero para colmo de desvergoña, ese medio usou esa expresión despois de mencionar "as acusacións de que o episodio fose un montaxe interesado", dando pábulo ó tuiteo dun trol esquerdista. E logo estes mesmos xornalistas aínda se lamentarán do creciente desprestixio da súa profesión.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.