Continúa a campaña de violencia contra o terceiro partido máis votado de España. Esta vez a agresión ocurriu na localidade galega de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Un individuo en bicicleta agrediu ó afiliado de Vox e deuse á fuga
Esta mañá, Vox instalou unha mesa informativa nese concello, na que participaron varios membros desa formación política, entre eles Manuel Español, o seu coordinador en Cangas e Moaña, un home de 77 anos. Mentres tiñan a mesa instalada, viron achegarse a un individuo montado nunha bicicleta e que levaba na súa man dereita unha bolsa na que aparentemente había unha caixa. Ó pasar xunto á mesa informativa de Vox, o individuo golpeou fortemente coa bolsa a Manuel na cabeza, e despois o agresor deuse á fuga. Un dos afiliados de Vox puido grabar o momento da agresión. A xestora provincial de Vox en Pontevedra publicou o vídeo esta tarde:
O agresor xa tiña "increpado, insultado e escupido" a outro afiliado de Vox
Segundo informan dende Vox Pontevedra, o agresor xa tiña "increpado, insultado e escupido a outro compañeiro" nunha mesa informativa anterior. Trátase de un individuo que levaba un pantalón gris oscuro cunha inscripción en letras blancas na parte superior da perna esquerda. Levaba un chubasqueiro negro con capucha. Nas imaxes se ve que é un home moreno con bigote e barba. A bicicleta é de cor negra, cos soportes da rueda traseira metalizados. Espero que a Policía consiga deterle pronto e sexa xulgado polo que fixo. A miña solidariedade con Manuel e cos demáis membros de Vox que veñen sufrindo ameazas e agresións. Nunha sociedade democrática é intolerable unha campaña de violencia como a que están sufrindo os membros de Vox.
Unha localidade gobernada por unha coalición de dous partidos comunistas
Dase a circunstancia de que en Cangas do Morrazo goberna Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), unha coalición formada por dous partidos comunistas: Esquerda Unida (a marca electoral do Partido Comunista de Galicia) e a Frente Popular Galega, os antigos socios de Herri Batasuna en Galicia. Compre dicir que se esta formación de extrema esquerda goberna en Cangas non é porque gañase as eleccións (o partido máis votado foi o PP), senón porque contou co apoio do PSOE e do BNG. En 2016 un concelleiro de ACE foi detido por incitar ó odio e á violencia e por proferir ameazas contra Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe. O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos (de ACE), negouse a pedir a dimisión do concelleiro e dixo que esas expresións enmarcábanse no exercicio da "liberdade de expresión". A ver qué di agora sobre esta agresión a un afiliado de Vox, se é que di algo.
Opina sobre esta entrada: