¡Señor, fai de min un instrumento da túa paz!
Que alí onde haxa odio, poña eu amor;
onde haxa ofensa, poña eu perdón;
onde haxa discordia, poña eu unión;
onde haxa erro, poña eu verdade;
onde haxa dúbida, poña eu fe;
onde haxa desesperación, poña eu esperanza;
onde haxa tebras, poña eu luz;
onde haxa tristeza, poña eu alegría.¡Oh, Mestre!, que non busque eu tanto
ser consolado como consolar;
ser comprendido, como comprender;
ser amado, como amar.Porque dando é como se recibe;
esquecendo, como se atopa;
perdoando, como se é perdoado;
morrendo, como se resucita á vida eterna.
Esta é a oración franciscana pola paz. Esta semana lémola en familia para despedir ó meu Pai, minutos despois de que Deus llo levase ó Seu lado. Morreu en paz, rodeado da súa familia, un día despois de recibir a unción de enfermos dun sacerdorte e tras unha vida na que sempre demostrou ser unha excelente persoa e un Pai do que síntome moi orgulloso. Gracias pola túa vida, Papá.
Rógovos a todos unha oración polo seu eterno descanso.
---
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: