En 2021 vimos aquí a historia de Andrés Pereiro García, un emigrante galego que se marchou a EEUU coa súa nai e o seu irmán maior.
A historia de Andrés foi recuperada gracias á excelente canle de Youtube Tropa Guripa, dedicado á historia militar e que tamén dedicou varios vídeos a outros dous galegos que combateron no Exército de EEUU no teatro de operacións de Europa Occidental: Manuel Otero Martínez (caído en Normandía o 6 de xuño de 1944) e Adolfo Fernández Fernández, que sobreviviu á guerra.

Andrés Pereiro naceu en Mera, na localidade de Oleiros (A Coruña), en 1923, e o feito que provocou a súa marcha a Estados Unidos, onde xa traballaba o seu pai, foi o estalido da Guerra Civil Española en 1936. Despois da entrada de EEUU na Segunda Guerra Mundial en decembro de 1941, Andrés -que cambiou o seu nome por Andrew- foi chamado a filas, alistándose na 29ª División de Infantería do Exército de EEUU. Andrés morreu en combate en Bretaña (Francia) o 1 de setembro de 1944, cando tiña 21 anos de idade. Está enterrado no Cemiterio Militar Británico-Americano de Saint-James, en Normandía.
Onte, Tropa Guripa publicou unha excelente curtametraxe que recrea a vida de Andrés Pereiro. A película, cunha moi boa posta en escena, un fabuloso guión e un considerable despregamento de medios, contou coa colaboración do Museo do Ferrocarril de Galicia e de dous grupos de recreación histórica de Galicia: Northwest Paratroops GRH e a Asociación Historico Cultural "The Royal Green Jackets":
Unha vez máis, a miña noraboa ó autor de Tropa Guripa, Óscar Galansky, por esta excelente película e por todo o traballo que vén facendo desde hai anos nesa gran canle, ó que vos recomendo subscribirvos.
|
No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Únete gratis a Defensa y Aviación en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: