Bilingüismo cordial, miúda patraña

Galicia, ese lugar onde agora che miran a lingua antes que mirarche ós ollos

EspEng 24·5·2026 · 18:33 0

Por Álvaro J. Díaz-Mella

Hai unha escena que moitos galegos recoñecerán. Un pai pide un café en castelán, o camareiro responde en galego, o fillo cambia de idioma con naturalidade mentres mira TikTok en inglés e, mentres tanto, algún iluminado de despacho, iso si cun gran soldo público, segue redactando informes sobre o “conflito lingüístico galego” coma se falar castelán en Galicia fose un acto de traición.

Galicia foi bilingüe antes de que existisen as subvencións para impoñelo. Os que xa peiteamos canas lembramos unha Galicia bastante distinta. O galego convivía co castelán cunha naturalidade case biolóxica. Había barrios máis castelánfalantes, aldeas onde o galego era dominante e familias que mesturaban todo sen necesidade de observatorios lingüísticos nin campañas institucionais que ninguén pediu e todos pagamos. Ninguén examinaba o ADN identitario da xente segundo o idioma en que pedía o leite. Agora, en cambio, ocorre con certa frecuencia.

Poucas cousas fixeron máis dano a Galicia que converter unha realidade espontánea en batalla ideolóxica permanente. O chamado “bilingüismo cordial” dexenerou nun sumidoiro insaciable de recursos públicos, sen dar solución a un problema que nunca existiu.

O máis revelador de todo isto é o pouso psicolóxico que deixou na sociedade galega. Hai galegos cuxa lingua materna sempre foi o castelán, que viven e relaciónanse en castelán, e que aínda así se poñen á defensiva en canto alguén cuestiona o chiringuito ou o malgasto que o sostén. Han interiorizado tan profundamente que criticar a política lingüística equivale a atacar a Galicia, que acaban defendendo un proxecto que nin practican nin lles afecta. O que critica acaba sendo o mal galego. O que aplaude sen practicalo, o bo galego.

A Lei de Normalización Lingüística de 1983 foi o punto de partida dunha industria: crear un conflito de difícil solución para dotalo de financiamento público indefinido e repartir o negocio entre o armazón empresarial e cultural afín ó poder autonómico de quenda. Catro décadas despois, o galego, como lingua, segue retrocedendo, pero o negocio segue en pé. Iso non é un fracaso. É exactamente como foi deseñado desde o principio. E o máis triste é que quen xestiona toda esta andrómena, os que asinan os decretos, administran as subvencións e pronuncian os discursos en galego normalizado e oficial, probablemente falan castelán na intimidade. Impostores con soldo público.

As linguas non sobreviven por decreto, senón por utilidade, prestixio e afecto. Cando unha lingua empeza a percibirse como obrigación burocrática, o efecto en moitos mozos adoita ser o contrario ó pretendido. E con todo, a Xunta leva anos impulsando a campaña “21 días co galego”, pedindo a alumnos desde educación infantil ata secundaria que non usen o español nin no colexio nin en casa durante tres semanas. Ós que falaban galego felicitábaselles; ós que falaban español cuestionábaselles, pedíndolles que reflexionasen sobre se era a súa familia a causa ou se simplemente non eran capaces. Aplicar esa técnica a nenos de tres ou catro anos, que aínda están a aprender a falar, cuestionando o idioma en que reciben afecto na súa propia familia, é perverso. E o resultado vese na rúa: familias buscando centros máis flexibles, estudantes que asocian o galego con exames e presión, e unha crecente desconexión entre a lingua que promocionan as institucións e a que se escoita na rúa.

E mentres a lingua galega perde presenza entre os mozos, parte do aparello autonómico segue concentrado en batallas máis simbólicas que urxentes. O caso da Cañiza, rebautizada oficialmente pese ó uso histórico do nome castelán, resume ben esa deriva. O Premio de Poesía Ciudad de Ourense, financiado con diñeiro do Concello, só admite obras en galego ou en portugués, excluíndo o castelán por bases. Cando unha institución pública discrimina ós seus cidadáns segundo o idioma en que escriben, xa non estamos a falar de protexer unha lingua, senón de castigar a quen usa outra.

Hai outro asunto que convén nomear. Certos sectores do nacionalismo lingüístico, incapaces de aceptar que a súa enxeñería social non funcionou, optaron por deformar a gramática do galego para achegalo artificialmente ó portugués, con Lisboa como referencia e Coimbra como modelo. O galego de toda a vida non lles basta; necesitan un construído nun despacho que o cidadán corrente non recoñece nin fala. O resultado é que moitos terminan percibindo o galego como marca ideolóxica da esquerda máis casposa, cos seus correspondentes tentáculos políticos, universitarios e mediáticos. Intentouse salvar a lingua converténdoa en trincheira, e as trincheiras son lugares moi incómodos para vivir.

En 2026, moitos adolescentes galegos viven lingüisticamente moito máis preto das plataformas globais que de calquera relato identitario clásico. A lingua galega non retrocede porque alguén a persiga, retrocede por unha sociedade máis conectada ó mundo exterior e porque cada vez menos novos atópana útil ou atractiva. Esa é unha ameaza moito máis seria que calquera boletín oficial, e case ninguén quere admitilo publicamente.

A lingua galega non se vai a salvar nun congreso nin nun decreto. Salvarase o día que un neno de doce anos úsea porque lle dea a gana. Pero ese día aínda non chegou.

Álvaro J. Díaz-Mella, maio de 2026.

---

Álvaro J. Díaz-Mella é un vigués felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opinións sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.

---

Traducción por Elentir. Imaxe: OpenArt

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.