Este partido defenderá a libre elección de idioma que incumpliu Feijóo en 2009

Vox presenta ós seus candidatos en Galicia ante ameazas de morte de separatistas

Este serán celebrouse aa presentación dos cabezas de lista de Vox nas catro provincias galegas para as eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo.

<Vox da a alerta contra as contas falsas: estas son as súas contas oficiais en Galicia
Unhas imaxes de Vox en Galicia que non verás na prensa subvencionada por Feijóo

Un atallo de separatistas lanzaron ameazas de morte contra os membros de Vox

O acto celebrouse nuna nave industrial de Mos (Pontevedra), unha localidad veciña de Vigo. Un lugar atípico, certamente, para a presentación dunha candidatura, pero que Vox elexiu para reivindicar a industria que está perdendo Galicia. Como xa é habitual nos actos de Vox, un grupo de matóns de extrema esquerda (neste caso, ademáis, separatistas galegos) viñeron a insultar e ameazar de morte ós asistentes a un acto dirixido a medios de comunicación. Ó comezo eran catro gatos (tal cual: catro contados), e logo engadíronse algúns máis. Neste vídeo publicado por Santiago Abascal podedes escoitarles berrando "Se vos vai acabar. I esta vez ides vós para as cunetas":

Había máis gardas civís que separatistas (aproveito para agradecer á Benemérita a súa protección frente a esrs matóns), pero a diferencia do ocontecido esta semana ante o chalet de Pablo Iglesias, onde os axentes poñéronse a identificar a pacíficos manifestantes que só facían soar unhas cacerolas, no caso do acto de Vox, polo visto, a Garda Civil debía ter orde de non identificar a ninguén, pois limitouse a impedirlles o paso. ¿Cómo xustifica o Gobierno esta diferencia de trato?

O lema da campaña, «Galicia é verde», usarase en español i en galego

O acto foi presentado por Álvaro Díaz-Mella, presidente da xestora provincial de Vox en Pontevedra, e interviñeron Ricardo Morado, cabeza de lista de Vox pola Coruña; Sonia Tejeiro (Lugo), María Jesús Fernández (Ourense) e Antonio Ramilo (Pontevedra), que foron desgranando os temas que abordará Vox nesta campaña, centrados en catro grandes eixos: "Galicia é mar", "Galicia é campo", "Galicia é industria" e "Galicia é familia". A campaña terá como lema principal "Galicia é verde", i este lema aparecerá en español i en galego, segundo me confirmou Álvaro Díaz-Mella. Paréceme unha gran idea, pois Galicia é unha rexión bilingüe e paréceme saudable que a campaña se faga nos dous idiomas.

Vox defenderá a libre elección de idioma que incumpliu Feijóo

Entre as cuestións a destacar, Vox defenderá a libre elección de idioma (é decir, que os pais poidan elexir a lingua de escolarización dos seus fillos, sen descoidar o estudo da outra lingua; o que defendeu durante anos Galicia Bilingüe), o cheque escolar e o pin parental, así como a derogación das leis de xénero, a protección da familia e un plan de fomento da natalidade. Tamén abordará a defensa do mundo rural e da pesca, o emprego digno, a seguridad, a "bonificación máxima dos impostos de sucesións e doacións para todos os grupos e rebaixa xeralizada do tramo autonómico do IRPF" e o aumento dun 20% do salario dos profesionais sanitarios. Ademáis, Abascal tamén anunciou que abordará durante a campaña os abusos cometidos polo Goberno durante o estado de alarma.

A entrañable charla de Santiago Abascal coa súa avoa galega

O acto estivo moi ben. A defensa da liberdade de idioma gustoume especialmente, pois moitos que votamos a Feijóo en 2009 por esa promesa quedámonos moi defraudados cando a incumpliu. Pero sen dúbida, como galego o que máis me tocó a fibra sensible durante este acto foi un vídeo no que Vox amosou unha charla de Abascal coa súa avoa galega, unha señora de 91 anos que fala ese galego de aldea que tanto me gusta escoitar e que soa moito máis auténtico que o galego de laboratorio da TVG e o que se usa no Parlamento de Galicia. A "abueliña", como a chama Abascal, é unha muller cargada de sentidiño, e as súas verbas chegan máis ó corazón que calquera programa político:

Aproveito para decir que foi un placer saudar e charlar unha vez máis con Santi Abascal en Galicia, que é a súa sengunda terriña, e tamén co diputado de Vox Manuel Mariscal, con Kiko Méndez-Monasterio e con outros membros de Vox ós que xa coñecía de antes. Deséxolle a Vox un bo resultado o día das eleccións, porque a Galicia lle viría moi ben ter a este partido no Parlamento rexional, sobre todo para que o PP se vise obrigado a abandoar a senda da súa deriva progre e nacionalista en Galicia. Pola miña parte, Vox seguirá contando co meu voto, pois dos partidos que se presentan é o que máis se identifica co miña forma de pensar e coa defensa de España e da Liberdade, que son dúas das razóns polas que publico este blog.

Podedes ver aquí unha selección de fotos do acto que subin á miña conta de Flickr:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.