Piden formalmente á Xunta que se lles permita usar o español por escrito

Galicia: 16 profesores saen en apoio do que levou a xuizo á Xunta polo seu veto ó español

Esp 24·6·2020 · 19:18 0

Onte celebrouse a vista da denuncia interposta por un profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo contra o Goberno de Galicia.

O Goberno galego será levado a xuizo por prohibirlle utilizar o español a un profesor
Prohíben a un profesor utilizar o español nun conservatorio da Xunta de Galicia

Levou a xuizo á Xunta por prohibirlle usar o español nas súas comunicacións escritas

Como xa vos expliquei aquí, a Xunta prohibiu a ese profesor usar o español para comunicarse por escrito cos seus compañeiros, e el levou o asunto ante a Xustiza, por unha violación dos dereitos lingüísticos amparados pola Constitución e polo Estatuto de Galicia. A asociación Hablamos Español e este profesor levan tres anos inmersos nunha batalla legal para que se recoñeza o dereito a utilizar por escrito cos seus compañeiros a lingua oficial da súa elección, tanto a Emilio como a tódolos profesores que levan a cabo a súa labor en Galicia ou en calquera outra comunidade autónoma con máis dunha lingua oficial.

Outros 16 profesores únense á petición de usar o español nos seus escritos

Segundo informou onte Hablamos Español, "dezaseis profesores do ensino público de Galicia unírose a Emilio Álvarez e solicitaron formalmente á Xunta que se lles permita usar o español por escrito", un dereito que o Goberno galego, en mans do Partido Popular, ven lesionando a pesar de que o actual presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, prometeu en 2009 que defendería a liberdade lingüística en Galicia, unha promesa que rompeu uns meses despois de gañar as eleccións.

Galicia é a comunidade con máis queixas pola exclusión do español nese ámbito

Hablamos Español sinalou que o movemento iniciado por estes 16 profesores "abre unha nova vía para sortear os obstáculos formalistas que está a utilizar a Xunta contra Emilio. Dende a Asociación Hablamos Español seguiremos dando apoio legal e litigando ata agotar calquera vía legal para conseguir que se respete este elemental dereito, cuxa prohibición vai contra a lóxica, o sentido común e a Constitución Española". Ademáis, a citada asociación, que defende a libre elección de lingua, sinalou que "Galicia é a comunidade autónoma española donde máis queixas recibimos e intervencións temos que facer sobre cuestións relativas á imposición lingüística nas administracións públicas. Neste sector Galicia vai á cabeza de España en monolingüismo obrigatorio".

Un caso que se remonta a 2017 e que vulnera a xurisprudencia do TC

O calvario do profesor que levou a xuizo ó Goberno galego comenzou en 2017, cando "este profesor foi requerido, primeiro pola dirección do centro, despois por Inspección Educativa e, finalmente polo Xefe Territorial de Educación, para que deixase de usar o español por escrito", sinala a asociación Hablamos Español. "Dadas as presións da Consellería de Educación o profesor acatou a orde pero solicitou, primeiro que se lle informase por escrito do por qué desa prohibición e despois que se lle permitira usalo. A resposta da Xunta foi acollerse ó decreto aprobado polo Partido Popular que establece que a única lingua da administración educativa é o galego", un decreto que incumple abertamente a xurisprudencia do Tribunal Constitucional.

Hablamos Español denuncia que "o equipo jurídico da Xunta utilizou un truco legal para impedir ó profesor recurrir. Fixérono calificando a súa solicitude de mero escrito informativo. Dada o truco da Xunta, hoxe o xuiz deu a entender que non pode entrar no fondo da cuestión", explicaba onte esa asociación.

---

Foto: Xunta de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.