Este xoves comparou a inmigrantes ilegais cos emigrantes galegos

Carta a Feijóo sobre os menas dun galego que tivo a parentes na emigración

Estou un pouco farto de ver cómo se pervirten conceptos como a solidariedade e a hospitalidad, e por iso me animei a escribir esta carta.

El PSOE quiere 255.000 inmigrantes más al año para paliar los efectos de sus leyes abortistas
Inmigración masiva y delincuencia en España: esto es lo que dicen las estadísticas oficiales

Sr. Alberto Núñez Feijóo:

Lin con asombro o seguinte mensaxe que publicou vostede na súa conta de Twitter este xoves sobre a posible acollida en Galicia de algúns dos menores inmigrantes que participaron no asalto á fronteira de Ceuta esta semana:

Di vostede que "Galicia, que coñeceu a emigración, é un pobo solidario". É cierto. Galicia é unha rexión hospitalaria porque os gallegos sabemos ben o triste que é verse nunha terra extraña a moita distancia da túa Patria. Pero creo que vostede se confunde de contexto ó facer esa afirmación.

En primeiro lugar, do que falamos aquí é de menores de idade. Para máis sinais, falamos de nenos que foron enganados crendo que poderían ver a Cristiano Ronaldo ou a Messi en Ceuta, e non dunha afluencia de inmigrantes ou de refuxiados ó uso. De feito, as autoridades de Ceuta recibiron máis de 4.000 chamadas de pais marroquís que están buscando a eses nenos. O que teñen que facer as nosas autoridades é devolver a eses nenos cos seus pais, e non postergar o seu regreso a casa repartíndoos por toda España. Isto é un colosal despropósito que só sirve para agravar os efectos dese engano.

Por outra parte, semella que vostede descoñece as condicións nas que moitos galegos emigraron da súa terra. Eu son parente de algúns deses que marcharon lonxe a traballar, concretamente ó outro lado do Océano Atlántico. Os meus parentes emigraron de forma legal, sen asaltar a fronteira doutro país nin entrar ilegalmente nel. Ata que se tiveron que voltar á súa terra -algúns fuxindo do chavismo-, os meus parentes levaron unha vida honrada, enriquecendo co seu traballo ó país que lles acollía, sen adicarse á delincuencia e sen provocar desordes públicos e feitos delictivos como os que se veñen registrando Ceuta nos últimos días dende ese asalto á fronteira.

Ademáis de todo iso, os meus parentes emigraron a países cos que compartían valores culturais, países nos que a súa integración foi moito máis fácil do que o tivese sido nunha cultura extrana. Os meus parentes non se viron sumidos en ningún gueto, e conviviron cos habitantes do país que lles acolleu, sen provocarlles problemas por falta de integración.

Obviamente, o caso dos meus parentes non é único. A forma na que eles emigraron foi a dominante na práctica totalidade dos galegos que tiveron que irse lonxe a buscar traballo. Hai que decir que en España hai hoxe en día moitos inmigrantes que entraron legalmente, que saberon integrarse, que levan unha vida honrada e que respetan a quenes lles acolleron. Esas personas merécenme o maior dos respetos, especialmente os que forman ou formaron parte das nosas Forzas Armadas, xa que co seu traballo enriquecen a España. É unha satisfacción brindar hospitalidade a xente así.

Non podo decir o mesmo dos que veñen ilegalmente ó noso país, dos que aspiran a colarse aquí coa ilusión de recibir prestacións sociais que lles permitan levar unha vida ociosa a costa dos demáis, dos que se adican a actividades delictivas, e tamén dos menores que escapan dos seus centros de acollida e se adican a facer cousas nada propias de nenos, algunhas de elas fora da lei. Non podemos prometer acollida a quenes chegan a España e permañecen en ela nestas condicións, porque entón lles estamos a incentivar a venir de forma ilegal e a facer as cousas que algúns están a facer, para desgracia dos veciños -tanto españois como inmigrantes legais- que lles teñen que aguantar. Con quen ven á túa casa saltando pola ventá e rompéndoo todo non puedes ser hospitalario, señor Feijóo.

Engado máis: a obriga das nosas autoridades é defender as nosas fronteiras de quenes pretender entrar ilegalmente en España coma o fixeron miles de marroquís e subsaharianos esta semana en Ceuta e Melilla. Para algo pagamos impostos tanto os españois como os inmigrantes legais: para que vostedes non permitan que o noso país se convirta na terra prometida dos maleantes. Galicia é unha terra hospitalaria, sí, pero aquí non deixamos entrar a calquera nos nosos fogares, nin damos a benvida a quenes veñen de malos modos a eles. Somos hospitalarios, non idiotas.

Así que, señor Feijóo, faga un favor a eses nenos, a Galicia e a toda España, e pida ó gobierno que lles devolva coas súas familias, que é onde teñen que estar. Bastante temos xa na nosa terra coas colas da fame que estamos vendo dende o ano pasado, como para ademáis acoller a quenes chegan ó noso país de semellante xeito.

---

Foto: Xunta de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.