Este Jumbo fixo o seu primeiro voo en 1981, co alcume de 'Lope de Vega'

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña e o Boeing 747 que hai dentro del

EspEng 14·9·2024 · 23:45 0

Aínda que eu son de Vigo e existe unha rivalidade entre ambas as urbes galegas, debo recoñecer que A Coruña é unha cidade que me encanta.

A praia de Patos, o belo paraíso dos surfeiros na beira sur da Ría de Vigo

Alén de ter un centro histórico moi agradable para pasear, coa Praza de María Pita como lugar máis salientable, alí podedes ver cousas tan interesantes como a Torre de Hércules (o único faro marítimo de orixe romana aínda en funcionamento), a Batería B-8 del Monte San Pedro (con dous enormes canóns Vickers de 381 mm), o Parque Escultórico dos Menhires (situado preto do citado faro e que é un lugar que me gusta especialmente), e a Casa das Ciencias (cuxos interesantes contidos inclúen un espléndido planetario), entre outros moitos atractivos.

O 4 de maio de 2012 inaugurouse un dos máis recentes museos desa cidade, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), que ten dúas sedes: esta de A Coruña e outra en Alcobendas (Madrid). O museo coruñés ten a súa sede ó oeste do itsmo da cidade, xunto ó paseo marítimo que bordea a cidade e preto do barrio das Roseiras. A súa sede é o edificio Prisma de Cristal, proxectado por Victoria Acebo e Ángel Alonso. O seu exterior ten forma de cubo de vidro e o seu interior ten a forma dunha árbore de formigón.

O MUNCYT está dedicado a abordar distintos temas relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, para o que inclúe exposicións permanentes e temporais, actividades lúdicas, etc. Os seus contidos inclúen a montaxe do primeiro aceleradora de partículas de España, deseñado e construído na Xunta de Enerxía Nuclear cara a 1957, alén de vehículos, máquinas e instrumentos moi variados, sumando máis de 15.000 obxectos.

O maior obxecto do MUNCYT é a parte frontal dun avión de pasaxeiros Boeing 747-256BM Jumbo de Iberia, o "Lope de Vega", con matrícula EC-IAF, alén dun dos motores Pratt & Wittney JT-9D dese avión, que voou por primeira vez o 12 de marzo de 1981.

O "Lope de Vega" foi operado inicialmente por Iberia coa matrícula EC-DLD desde o 1981 ata xaneiro de 2001, cando foi alugado a Air Atlanta Icelandic, adoptando durante uns meses a matrícula islandesa TF-ATM, ata adoptar a súa matrícula definitiva (EC-IAF) o 23 de outubro de 2003. Volveu a mans de Iberia en outubro de 2003. O resto do avión foi despezado en marzo de 2009, segundo Airfleets.es, despois de estar un tempo aparcado no Aeroporto de Madrid Barajas.

Este venres, a excelente canle de Youtube Fly By Wire Aviation (recoméndovos encarecidamente que vos subscribades a el se sodes afeccionados ós temas aeronáuticos) publicou un vídeo mostrando o Boeing 747 deste museo, gracias á colaboración de Martín García García e o testemuño do expiloto de Iberia Ángel Becerra:

---

Fotos: MUNCYT / Xunta de Galicia / Concello da Coruña.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.