España é un dos países máis antigos de Europa. Tanto as súas orixes como o seu nome remóntanse á época da antiga Roma.
De todas as rexións da España actual, Galicia é a máis antiga. Foi fundada no ano 214 despois de Cristo co nome de Gallaecia, sendo unha provincia da Hispania romana. Dentro de Galicia, a cidade máis antiga é Lugo, fundada como Lucus Augusti no ano 25 antes de Cristo por Paulo Fabio Máximo, legado de César Augusto.
Aínda que en Galicia está moi de moda a cultura celta, en realidade os galegos actuais somos en gran medida descendente da poboación hispanorromana. De feito, a lingua rexional de Galicia, o galego, é o idioma español que máis parecido conserva co latín.
No ano 2002, na cidade de Lugo púxose en marcha un evento chamado Arde Lucus para conmemorar o pasado romano desta cidade, a única no mundo que conserva unha longa muralla de orixe romana, cunha lonxitude de 2.266 metros e formada por 85 torres. No ano 2000 a UNESCO declarou esta muralla como Patrimonio da Humanidade.
Hoxe en día, Arde Lucus é un evento multitudinario que cada ano celebra un gran desfile de lexións romanas, unha boa forma de lembrar as orixes latinas da España actual. Podedes ver aquí un vídeo do desfile deste ano publicado hoxe por Inaxete:
---
Imaxe principal: Inaxete.
Opina sobre esta entrada: