Os topónimos oficiais de Galicia veñen sendo unha fonte inesgotable de disparates nacionalistas desde hai décadas.
Ese nacionalismo veu impoñéndose tamén baixo os gobernos rexionais do Partido Popular. O partido predecesor do PP, Alianza Popular, aprobou en 1983 unha "lei de normalización lingüística" cuxo Artigo 10 di:
1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
2. Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente.
3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respetando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado.
Isto provocou o borrado dos topónimos en español da toponimia oficial de Galicia, mesmo coa oposición dalgúns concellos e veciños, como ocorreu no caso da cidade da Coruña, onde o goberno galego do PP pasou por encima do goberno municipal impoñéndolle o topónimo en galego "A Coruña" sen darlle opción a usar o topónimo en español ó escribir en español.
Pois ben: agora o goberno rexional do PP prepara a maior revisión de topónimos desde 2003, que incluirá cambios nos nomes dalgúns concellos. Por exemplo, A Cañiza pasará a chamarse "A Caniza". Castro Caldelas, chamada así en español e en galego, será "O Castro de Caldelas". Os cambios afectarán a máis de 2.500 lugares de Galicia.
Como pasou outras veces, os concellos e os veciños afectados non teñen voz nin voto neste proceso. Se non lles gusta o cambio, terán que aguantarse. Outros xa tomaron a decisión por eles. Pouco importa que a ampla maioría dos veciños da Cañiza usen a letra eñe para referirse á súa localidade, ou que en Castro Caldelas case todos os veciños refíranse así ó seu pobo, porque o goberno galego, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), xa decidiu por eles. ¿É así como suponse que debe funcionar unha democracia?
Por suposto, este sitio web fará caso omiso a eses cambios. A toponimia oficial só afecta a documentos oficiais e non a publicacións privadas como Contando Estrelas. Aquí seguirei usando os topónimos tradicionais en español ó escribir en español e os topónimos tradicionais en galego (e non os inventos da Xunta e da RAG) ó escribir en galego. E se a alguén non lle gusta, que se aguante, igual que se teñen que aguantar os veciños da Cañiza e Castro Caldelas.
---
Imaxe: Google Street View.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: