Algúns 'defensores do galego' contribuíron a ferilo de morte

A Liberdade derrota á enxeñería social: o español xa é a lingua máis falada en Galicia

EspEng 17·10·2024 · 20:00 0

O nacionalismo galego leva uns días descomposto ante unha enquisa que lle enfrentou á realidade social de Galicia.

O goberno de Galicia esquece o español no Día Internacional da Lingua Materna
Feijóo celebra as Letras Galegas sen citar o idioma español que usa o 68% dos galegos

Por primeira vez o español é a lingua máis falada en Galicia

O 11 de outubro, o Instituto Galego de Estadística (IGE) publicou unha enquisa que sinala que o español é o idioma máis falado de forma habitual en Galicia. En concreto, hai un 29,2% de galegos que falan sempre en español e un 23,74% que falan máis en español que en galego, frente a un 23,99% que falan sempre en galego e un 21,52% que falan máis en galego que en español. É a primeira vez que se da esta situación dende que se veñen facendo estas enquisas.

Segundo os datos por idades publicados polo IGE para esta enquisa, o galego só se mantén como a lingua máis falada entre os maiores de 50 anos, con unha especial incidencia entre os maiores de 65. Hai un dato especialmente relevante: entre os nenos de 5 a 14 anos un 53,67% fala en español sempre, unha porcentaxe que é do 43,01% entre os xóvenes de 15 a 29 anos.

A RAG laméntase pola «decadencia del gallego»

Ante estes datos, la Real Academia Gallega (RAG) lamentouse sinalando que "nun par de décadas probablemente deixaría de haber galegofalantes menores de 15 anos, e a decadencia do galego tornaríase irreversible". Como de costume, a RAG bota a culpa á política lingüística, a pesar de que esa política vense orientando, dende fai moitos anos, a privilexiar o uso do galego, impartindo nesta lingua as asignaturas de máis texto nas escolas, excluíndo o español da toponimia oficial e poñendo a maior parte da rotulación de institucións públicas só en galego.

Unha derrota da enxeñería social

Eu son galego hispanofalante e entiendo perfectamente o galego, que é a miña segunda lingua. Non me alegro desta pérdida de falantes do galego, porque é unha lingua á que lle teño un gran cariño. De feito, o nome de este blog está en gllego e teño escrito moitos artículos nesta lingua, ademáis de posuir unha colección de música en galego que non creo que a teñan moitos que se declaran nacionalistas.

Do que sí me alegro é do fracaso da enxeñería social dalgúns políticos, institucións e organizacións, que veñen promovendo políticas para marxinar o español en Galicia e, o que é peor, lesionar os dereitos lingüísticos dos seus falantes. Entre esas organizacións inclúo ós tres partidos do Parlamento galego: o PP, o BNG e o PSOE, que teñen o nacionalismo lingüístico como doctrina oficial con certas diferencias de matiz. Levan anos tratándonos ós galegos hispanofalantes como forasteiros na nosa propia terra e agora resulta que somos a maioría da poboación desta rexión.

A responsabilidade da RAG no declive do galego

Entre as causas dese declive del gallego non só está o rechazo que xenerou esa enxeñería social. A enxeñería lingüística que fixo a RAG tamén ten moita culpa nesa pérdida de falantes, como veño denunciando dende fai anos. En 2014 xa sinalei aquí que a RAG borrau palabras de uso habitual no galego, como "pulpo", simplemente porque coincidían coa forma castelá.

A iso hai que unirlle un absurdo afán da RAG por tender pontes co lusismo, cambiando verbas de uso tan habitual como "gracias" por "grazas". Á Real Academia Española nunca se lle ocurriría facer algo tan absurdo, pero a RAG primou o nacionalismo lingüístico e un absurdo diferencialismo frente ós usos habituais do galego, e iso acabou tendo un efecto lamentable a nivel social. Por exemplo, os que estudiamos en galego na década de 1980 aprendimos unha forma do idioma anterior a esos cambios absurdos. Hoxe en día, os máis xóvenes aprenden un galego de laboratorio que se parece pouco ó que falan os seus avós. E todo porque algúns lumbreras querían facer un galego máis lusitanizado por motivos puramente políticos.

Algúns 'defensores do galego' contribuíron a ferilo de morte

Paradóxicamente, durante o franquismo, cando o galego non se impartía nas escolas -unha situación discriminatoria similar á que se da hoxe en Cataluña co español, coa diferencia de que agora estamos nunha democracia-, a lingua galega era a máis falada en Galicia con moita diferencia. A producción de libros en galego entón era considerable pero non porque os comprase a Xunta para metelos nun almacén, senón porque había moita xente que desexaba ler libros en galego. O nacionalismo lingüístico da RAG, do PP, do BNG e do PSOE acabou ferindo de morte á lingua á que di defender, convertindo algo que para moitos galegos era entrañable nalgo que moitos xóvenes identifican como unha odiosa imposición. Con "defensores" como eses, o galego non necesita enemigos.

Somos as personas as que temos dereitos, non as linguas

Obviamente, nun mundo globalizado, o español ten un potencial enorme, pois sírvenos para comunicarnos con casi 600 millóns de persoas. Sería un bo argumento para priorizar o estudio do español, pero dende fai moitos anos veño defendendo a libre elección de idioma. Non importa que haxa políticos que crean ter bos argumentos para priorizar unha lingua ou outra nas escolas: as que deben decidir a lingua de escolarización dos seus fillos son as familias, no marco do dereito á liberdade de educación propio dunha democracia. Noutros países con dous ou máis idiomas oficiais existe esa libre elección. Non importa cal sexa o resultado en número de falantes, senón que estes vexan respetadas as súas liberdades. Somos as personas as que temos dereitos, non as linguas.

En Galicia e noutras rexións de España, moitos políticos empeñáronse en pisotear esa liberdade. Pois aí teñen o resultado de intentar poñer portas ó campo: a Liberdade acabou derrotando á súa enxeñería social. Unna derrota que aplaudo, coa pena de que o perxudicado sexa un idioma polo que sinto un gran cariño e que non ten a culpa de ter uns "defensores" tan necios.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.