Hoxe é 25 de xullo, unha data na que celebramos a festividade de Santiago Apóstol, que é patrón de Galicia e patrón de España.
Desde hai anos, o separatismo vén intentando apropiarse desta data para romper a unidade de España e dividir ós galegos, que somos fillos dunha terra que forma parte de España desde a súa mesma fundación, fai máis de medio milenio. Outros anos celebrei esta data con argumentos, pero esta vez quero facelo cunha canción nos nosos dous idiomas, o español e o galego, dúas linguas que se falan en Galicia desde a Idade Media, é dicir, desde que o latín vulgar deu paso ás linguas romances que hoxe falamos neste recuncho de España.
Llevo semanas trabajando en la música y la letra de esta canción, generada con inteligencia artificial y con un estilo de música tradicional gallega, a la que soy muy aficionado desde hace décadas. Con esta canción quiero reivindicar la pertenencia de Galicia a España, la libertad lingüística y la libertad de expresión y de pensamiento, unos derechos que están siendo amenazados por un separatismo que pretende imponernos su odio a España y a la Libertad a todos los gallegos. Os dejo sin más con la canción, titulada "Unha soa Patria" (Una sola Patria). Espero que os guste (la vídeo dispone de subtítulos en español, puedes activarlos en el reproductor):
Levo semanas traballando na música e a letra desta canción, xerada con intelixencia artificial e cun estilo de música tradicional galega, á que son moi afeccionado desde hai décadas. Con esta canción quero reivindicar a pertenza de Galicia a España, a liberdade lingüística e a liberdade de expresión e de pensamento, uns dereitos que están a ser ameazados por un separatismo que pretende impoñernos o seu odio a España e á Liberdade a todos os galegos. Déixovos sen máis coa canción, titulada "Unha soa Patria". Espero que vos guste (a vídeo dispón de subtítulos en galego, podes activalos no reprodutor):
Podedes descargar a canción en formato MP3 pulsando aquí (botón dereito do ratón e "Descargar como..." se usas un ordenador).
A letra da canción intercala estrofas en español e en galego. Podedes lela en na miña conta de Suno.com. Aquí podedes ler a letra completamente en galego:
Crecemos con dúas linguas
usadas na miña casa:
a fala da miña terra
e a voz da miña Patria.Non quero fronteiras
dentro do peito,
quero que os meus fillos
falen con dereitos.Que ninguén me agreda
por dicir o que penso,
a liberdade apréndese
falando con respecto.Galicia é España,
van da man,
libres e xuntos
nós cantamos.Galicia é España,
mesmo destino,
unha soa Patria,
un mesmo camiño.Temos dous idiomas
e ningún deles
é menos español
nin menos galego.Que a familia elixa
a voz da súa escolla,
que os nenos crezan
sen medo na escola.Non quero trincheiras
nin rancor no meu pobo,
vivamos sen liortas
baixo un mesmo ceo.Que ninguén impoña
silencios nin ideas,
nin estrelas sinistras
na bandeira galega.Galicia é España,
van da man,
libres e xuntos
nós cantamos.Galicia é España,
mesmo destino,
unha soa Patria,
un mesmo camiño.Contra o odio nado
da intolerancia,
contra o separatismo
que divide a miña casa.Canto polo meu pobo
sen romper ós veciños,
por España enteira,
por un país unido.Galicia é España,
van da man,
libres e xuntos
nós cantamos.Galicia é España,
mesmo destino,
unha soa Patria,
un mesmo camiño.Galicia é España
non se separan.
Cando hai convivencia
a Patria agrándase.
---
Imaxe: OpenArt.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: